Liet-Lávlut
Liet-Lávlut ou Ynternasjonaal Liet é un festival anual para os músicos que falan calquera das linguas minoritarias de Europa que se celebrou por primeira vez en Frisia en 2002. O obxectivo do festival é o de aumentar o interese nas linguas minoritarias de Europa, especialmente da xuventude.
Festivais
[editar | editar a fonte]Liet-Lávlut 2004
[editar | editar a fonte]A edición de 2004, ao igual cás dúas anteriores, tio lugar en Leeuwarden (Países Baixos). Resultou gañador o finés Niko Valkeapää. Galiza foi representada por Uxía Senlle, quen acadou o terceiro posto.
Liet-Lávlut 2006
[editar | editar a fonte]Dado que os saami gañaran dúas das tres competicións, o festival celebrouse en Östersund, Suecia, que é o extremo sur da zona que abarcan os pobos saami (situados nos países nórdicos). Sesenta competidores, cantando en 25 linguas minoritarias, participaron na rolda eliminatoria preliminar. Once cancións, en representación de 11 linguas, foron seleccionadas para a competición final.
Aínda que o gañador foi seleccionado polo xurado do festival, o público puido votar polo seu artista favorito no festival, en Internet e por SMS. O dúo de Johan Kitti saami de Suecia e Ellen Sara Baehr de Noruega gañou o concurso con "Luđiin muitalan”, cantado en saami do norte. O favorito do público foi Liza Pannetier, coa súa canción en occitano, "Soleu Roge". Como representante galego competiu o artista compostelán Narf.
Liet-Lávlut 2008
[editar | editar a fonte]O concurso tivo lugar o 18 de outubro en Lulea (Suecia) e houbo 11 participantes, que cantaron en galego, meänkieli, bretón, corso, arbëreshë, saami, frisón, friulano, galés, asturiano e mordoviano. Resultou gañador o corso Jacques Culioli co tema "Hosanna in excelsis". Representando a Galiza foi Boy Elliott & the Plastic Bags coa canción "Planeta 19", gañadora do A polo ghit dese ano[1].
Liet-Lávlut 2009
[editar | editar a fonte]O concurso de 2009 celebrouse o 31 de outubro no teatro De Harmonie en Leeuwarden, a capital da provincia neerlandesa de Frisia.
A banda de rock de saami finlandés Somby gañou o concurso. O favorito do público foi o Dr. Drer en Cre Posse de Sardeña, coa súa canción en "Soleu Roge".
Liet-Lávlut 2010
[editar | editar a fonte]A edición de 2010 ten lugar o 27 de novembro en Lorient. Representando a Galiza irá o grupo de rap Mafia Galega, interpretando o tema "Billarda sempre". Ante a falta de apoio institucional, a candidatura galega foi proposta pola Liga Nacional de Billarda[2]. A letra da canción foi escrita por Xabier Cordal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Liet Lavlut vai para Córsega", Vieiros, 18 de outubro de 2008.
- ↑ "A Mafia Galega toma Eurovisión"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 5 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en inglés)