Saltar ao contido

Liga ACB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga ACB
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación de Clubs de Baloncesto Editar o valor en Wikidata
Liga superiorEuroleague Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga LEB, Liga EBA, LEB Prata e Liga Espanhola de Basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1983 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialacb.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: ACBCOM Twitter: ACBCOM Instagram: acbcom Editar o valor en Wikidata

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga Española de Baloncesto

[editar | editar a fonte]

A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.

A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría. Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasións foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasións, e o Joventut Badalona en dúas.

A Liga ACB Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón organizada pola Federación Española de Baloncesto. Desde a súa fundación o dominio repartiuse entre o Real Madrid e FC Barcelona, aínda que entraron en liza outros equipos que conseguiron facerse co título de campións: o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket. Actualmente, baixo o patrocinio de Endesa, a Liga ACB é unha das competicións de baloncesto profesional máis importantes do mundo, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2016–17 de 6.456 espectadores. Isto supón que sexa a cuarta liga profesional neste aspecto, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Ao longo do tempo a liga recibiu diferents nomes:

  • ACB Primeira División (1983–1988)
  • Liga ACB (1988–2011)
  • Liga Endesa (2011–presente)

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]
Encontro entre o Real Madrid e o Fuenlabrada.

A Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante). Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.

Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB. Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.

Posto Clasificación
Play-off polo título de liga
9º − 16º
17º Descenso á Liga LEB Ouro
18º
Para consultar os diferentes xogadores de cada equipo véxase: Elencos da ACB.

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2024−25 da Liga ACB.

Localización dos equipos das Canarias
Equipo Cidade Comunidade Pavillón Capacidade
Andorra Andorra la Vella Andorra Andorra Poliesportiu d'Andorra 5.005
Barça Barcelona Cataluña Cataluña Palau Blaugrana 7.585
Bàsquet Girona Xirona Cataluña Cataluña Girona-Fontajau 5.500
BAXI Manresa Manresa Cataluña Cataluña Nou Congost 5.000
Burgos Burgos Castela e León Castela e León Coliseum Burgos 9.352
Casademont Zaragoza Zaragoza Aragón Aragón Pabellón Príncipe Felipe 10.744
Cazoo Baskonia Vitoria-Gasteiz País Vasco País Vasco Fernando Buesa Arena 15.504
Covirán Granada Granada Andalucía Andalucía Palacio Municipal 9.507
Gran Canaria As Palmas Illas Canarias Illas Canarias Gran Canaria Arena 9.870
Joventut Badalona Badalona Cataluña Cataluña Palau Municipal d'Esports 12.760
Lenovo Tenerife La Laguna Illas Canarias Illas Canarias Santiago Martín 5.100
Leyma Básquet Coruña A Coruña Galicia Galicia Coliseum da Coruña 10.000
Real Madrid Madrid Comunidade de Madrid Madrid WiZink Center 15.000
Río Breogán Lugo Galicia Galicia Pazo dos Deportes 6.500
Surne Bilbao Basket Bilbao País Vasco País Vasco Bilbao Arena 10.014
UCAM Murcia Murcia Murcia Murcia Palacio de Deportes 7.341
Unicaja Málaga Andalucía Andalucía Martín Carpena 10.233
Valencia Basket Valencia Valencia Font de Sant Lluís 8.500

Historial

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa os rexitros de todos os equipos que teñen participado na Liga ACB desde a súa fundación na temporada 1983-84. A táboa non inclúe rexistros de anteriores temporadas da Liga Española de Baloncesto. Os datos están actualizados até o comezo da temporada 2022-23.

Pos Equipo Tmp PX G P Debut Desde/Última Mellor
1 Barcelona 39 1643 1235 408 16 14 5 1 1983–84 1983–84 1
2 Real Madrid 39 1608 1201 407 14 9 6 2 1983–84 1983–84 1
3 Baskonia 39 1517 954 563 4 5 5 6 1983–84 1983–84 1
4 Joventut 39 1455 827 628 2 4 6 4 1983–84 1983–84 1
5 Unicaja[a] 37 1398 783 615 1 2 4 6 1983–84 1987–88 1
6 Valencia 33 1252 727 525 1 1 4 3 1988–89 1996–97 1
7 Estudiantes 38 1403 721 682 1 5 7 1983–84 2020–21 2
8 Gran Canaria 31 1127 539 588 2 1985–86 1995–96 4
9 Manresa 34 1201 508 693 1 2 1983–84 2018–19 1
10 Real Betis 32 1137 505 632 2 1989–90 2019–20 2
11 Valladolid 30 1032 432 600 1983–84 2013–14 6
12 Girona 20 731 330 401 1988–89 2007–08 5
13 Fuenlabrada 24 818 320 498 1996–97 2005–06 7
14 Murcia 24 831 300 531 1990–91 2011–12 7
15 Canarias[b] 17 595 284 311 1 1983–84 2012–13 3
16 CB Zaragoza 13 473 270 203 2 3 1983–84 1995–96 3
17 Bilbao 17 591 269 322 1 2004–05 2019–20 2
18 Breogán 19 672 267 405 1984–85 2021–22 6
19 Basket Zaragoza 13 447 194 253 1 1 2008–09 2010–11 3
20 Andorra 12 419 186 233 1992–93 2021–22 6
21 León 11 398 179 219 1990–91 2007–08 6
22 Peñas Huesca 12 441 173 268 1983–84 1995–96 10
23 Granollers 10 352 166 186 1983–84 1992–93 5
24 Cáceres 11 388 163 225 1992–93 2002–03 5
25 Obradoiro 12 399 146 253 2009–10 2011–12 8
26 Ourense 10 383 143 240 1989–90 2000–01 8
27 Granada 12 411 140 271 1996–97 2010–11 10
28 OAR Ferrol 10 350 140 210 1983–84 1993–94 7
29 Gipuzkoa 12 411 135 276 2006–07 2020–21 5
30 Lucentum 9 316 132 184 2000–01 2011–12 6
31 Collado Villalba 6 226 93 133 1987–88 1991–92 8
32 Oximesa 6 225 82 143 1986–87 1991–92 11
33 Cajabilbao 5 184 76 108 1986–87 1990–91 9
34 Maristas Málaga 4 160 76 84 1988–89 1991–92 13
35 San Pablo Burgos 5 169 75 94 1 2017–18 2021–22 4
36 Espanyol 5 165 73 92 1984–85 1988–89 8
37 Lleida 4 140 57 83 2001–02 2004–05 8
38 Cantabria 5 170 53 117 1997–98 2001–02 14
39 Menorca 5 168 51 117 2005–06 2011–12 15
40 Círcol Catòlic 3 97 49 48 1 1983–84 1985–86 4
41 Cajamadrid 3 98 46 52 1983–84 1985–86 5
42 Gijón 4 144 37 107 1995–96 2001–02 15
43 Salamanca 2 76 36 40 1994–95 1995–96 9
44 Tenerife AB 2 89 28 61 1988–89 1989–90 22
45 Llíria 2 79 27 52 1991–92 1992–93 16
46 Tenerife 2 68 25 43 2003–04 2004–05 10
47 Ciudad de Huelva 1 39 11 28 1997–98 1997–98 17
48 L'Hospitalet 1 31 11 20 1983–84 1983–84 15
49 Askatuak 1 43 10 33 1988–89 1988–89 24

Liga ou situación na temporada 2022-23:

Liga ACB
Liga LEB Ouro
Liga LEB Prata
Liga EBA
Divisións inferiores
Desaparecido

Resultados

[editar | editar a fonte]

A Liga Nacional foi a primeira denominación do campionato de primeira división de baloncesto. Das vinte e sete edicións da mesma, o Real Madrid saíu vencedor en vinte e dúas ocasións, sendo unicamente superado en cinco ocasións, das cales catro foi subcampión. Os outros vencedores foron o Club de Fútbol Barcelona de baloncesto con tres títulos e o Club Joventut de Badalona con dous campionatos. Desde que a competición pasou a ser organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto baixo a denominación de Liga ACB, un total de sete equipos resultaron vencedores. Alén do Real Madrid, o Barcelona e o Joventut, conseguiron vencer o Saski Baskonia, o Bàsquet Manresa, o Club Baloncesto Málaga e o Valencia Basket. A mellor xeira de títulos logrouna o Real Madrid, quen conseguiu proclamarse campión en dez temporadas consecutivas entre 1967 e 1977.

O xogador croata Velimir Perasović foi máximo anotador da liga en catro tempadas consecutivas co Baloncesto Fuenlabrada, alén dunha vez anteriormente co Club Baloncesto Breogán. Desde a temporada 1990−91 entrégase o premio ao mellor xogador da final sendo Juan Carlos Navarro, con tres, o máis galardoado. Un ano despois empezou a entregarse o premio ao mellor xogador da liga regular recaendo en tres ocasións no estadounidense Darryl Middleton, por diante das dúas ocasións logradas por Arvydas Sabonis, Tanoka Beard e Luis Scola.

Temporada Campión Res. Subcampión Máx. Anotador (Equipo) / Pts.
Liga Nacional
1956–57 Real Madrid (1) N/A C.F. Barcelona España Alfonso Martínez (RMA) / 18,0
1957–58 Real Madrid (2) N/A Juventud de Badalona España Alfonso Martínez (RMA) / 17,2
1958–59 C.F. Barcelona (1) N/A Real Madrid España Emiliano Rodríguez (AIS) / 17,2
1959–60 Real Madrid (3) N/A Juventud de Badalona Porto Rico Johnny Báez (RMA) / 19,9
1960–61 Real Madrid (4) N/A CB Orillo Verde Sabadell España Francisco Llobet Serra (OVS) / 20,4
1961–62 Real Madrid (5) N/A Juventud de Badalona Estados Unidos Wayne Hightower (RMA) / 19,7
1962–63 Real Madrid (6) N/A C.B. Estudiantes España Emiliano Rodríguez (RMA) / 19,9
1963–64 Real Madrid (7) N/A Picadero Jockey Club España Emiliano Rodríguez (RMA) / 22,7
1964–65 Real Madrid (8) N/A Picadero Jockey Club España Lorenzo Alocén (HEL) / 24,2
1965–66 Real Madrid (9) N/A Picadero Jockey Club Estados Unidos Miles Aiken (AGB) / 23,9
1966–67 Juventud de Badalona (1) N/A Real Madrid España Alfonso Martínez (JOV) / 22,1
1967–68 Real Madrid (10) N/A C.B. Estudiantes Estados Unidos Clifford Luyk (RMA) / 24,3
1968–69 Real Madrid (11) N/A Juventud de Badalona Estados Unidos Charles Thomas (SJI) / 25,6
1969–70 Real Madrid (12) N/A Picadero Jockey Club Estados Unidos Charles Thomas (SJI) / 24,1
1970–71 Real Madrid (13) N/A Juventud de Badalona España Alfredo Pérez (BRE) / 27,1
1971–72 Real Madrid (14) N/A C.F. Barcelona España Gonzalo Sagi-Vela (EST) / 21,6
1972–73 Real Madrid (15) N/A Juventud de Badalona España Alfredo Pérez (BRE) / 23,2
1973–74 Real Madrid (16) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos John Coughran (YMCA) / 31,7
1974–75 Real Madrid (17) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Ray Price (BAS) / 32,2
1975–76 Real Madrid (18) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Bob Fullarton (BRE) / 30,3
1976–77 Real Madrid (19) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Bob Guyette (FCB) / 32,0
1977–78 Juventud de Badalona (2) N/A Real Madrid Estados Unidos Essie Hollis (ASK) / 41,0
1978–79 Real Madrid (20) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Webb Williams (BAS) / 34,5
1979–80 Real Madrid (21) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Nate Davis (VAD) / 29,7
1980–81 F.C. Barcelona (2) N/A C.B. Estudiantes Canadá Lars Hansen (OAR) / 27,4
1981–82 Real Madrid (22) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Larry McNeill (CAN) / 34,4
1982–83 F.C. Barcelona (3) N/A Real Madrid Estados Unidos Claude Gregory (BAS) / 30,6
Liga ACB
Temporada Campión Res. Subcampión MVP Final (Equipo) MVP Liga (Equipo) Máx. anotador (Equipo) / Pts.
1983–84 Real Madrid (23) 2–1 FC Barcelona Estados Unidos Nate Davis (FER) / 28,2
1984–85 Real Madrid (24) 2–1 Ron Negrita Joventut Estados Unidos Nate Davis (FER) / 30,0
1985–86 Real Madrid (25) 2–0 FC Barcelona Estados Unidos Mike Phillips (ESP) / 29,5
1986–87 FC Barcelona (4) 3–1 Ron Negrita Joventut Estados Unidos Eddie Phillips (CAN) / 33,1
1987–88 FC Barcelona (5) 3–2 Real Madrid Estados Unidos Kenny Simpson (MAN) / 29,2
1988–89 FC Barcelona (6) 3–2 Real Madrid Iugoslavia Dražen Petrović (RMA) / 28,5
1989–90 FC Barcelona (7) 3–0 RAM Joventut Estados Unidos Ray Smith (MAR) / 27,7
1990–91 Montigalà Joventut (3) 3–1 FC Barcelona Estados Unidos Corny Thompson (JOV) Estados Unidos Walter Berry (VLB) / 33,4
1991–92 Montigalà Joventut (4) 3–2 Real Madrid Asegurator Estados Unidos Mike Smith (JOV) Estados Unidos Darryl Middleton (GIR) Estados Unidos Jeff Lamp (OXI) / 29,1
1992–93 Real Madrid Teka (26) 3–2 Marbella Joventut Lituania Arvydas Sabonis (RMA) Estados Unidos Darryl Middleton (SEV) Croacia Velimir Perasović (BRE) / 24,5
1993–94 Real Madrid Teka (27) 3–0 FC Barcelona Banca Catalana Lituania Arvydas Sabonis (RMA) Lituania Arvydas Sabonis (RMA) Brasil Oscar Schmidt (VLL) / 33,2
1994–95 FC Barcelona Banca Catalana (8) 3–2 Unicaja Estados Unidos Mike Ansley (UNI) Lituania Arvydas Sabonis (RMA) Estados Unidos Darrell Armstrong (OUR) / 24,6
1995–96 FC Barcelona Banca Catalana (9) 3–0 Caja San Fernando España Xavi Fernández (FCB) Estados Unidos Michael Anderson (SEV) Estados Unidos John Morton (GCA) / 26,3
1996–97 FC Barcelona Banca Catalana (10) 3–2 Real Madrid Teka España Roberto Dueñas (FCB) Estados Unidos Kenny Green (BAS) Estados Unidos John Morton (GCA) / 23,6
1997–98 TDK Manresa (1) 3–1 TAU Cerámica España Joan Creus (MAN) RF Iugoslavia Dejan Bodiroga (RMA) Estados Unidos Tony White (VLL) / 21,2
1998–99 FC Barcelona Banca Catalana (11) 3–0 Caja San Fernando Estados Unidos Derrick Alston (FCB) Estados Unidos Tanoka Beard (RMA) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,5
1999–00 Real Madrid (28) 3–2 FC Barcelona España Alberto Angulo (RMA) Estados Unidos Darryl Middleton (GIR) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2000–01 FC Barcelona (12) 3–0 Real Madrid España Pau Gasol (FCB) Estados Unidos Lou Roe (GIJ) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,9
2001–02 TAU Cerámica (1) 3–0 Unicaja Málaga Estados Unidos Elmer Bennett (BAS) Estados Unidos Tanoka Beard (JOV) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2002–03 FC Barcelona (13) 3–0 Pamesa Valencia Lituania Šarūnas Jasikevičius (FCB) Arxentina Walter Herrmann (FUE) Arxentina Walter Herrmann (FUE) / 22,3
2003–04 FC Barcelona (14) 3–2 Adecco Estudiantes Serbia e Montenegro Dejan Bodiroga (FCB) Arxentina Andrés Nocioni (BAS) Estados Unidos Lou Roe (ALI) / 20,9
2004–05 Real Madrid (29) 3–2 TAU Cerámica Estados Unidos Louis Bullock (RMA) Arxentina Luis Scola (BAS) Estados Unidos Charlie Bell (BRE) / 27,0
2005–06 Unicaja Málaga (1) 3–0 TAU Cerámica España Jorge Garbajosa (UNI) España Juan Carlos Navarro (FCB) Estados Unidos Lou Roe (CSF) / 19,1
2006–07 Real Madrid (30) 3–1 Winterthur FC Barcelona España Felipe Reyes (RMA) Arxentina Luis Scola (BAS) España Juan Carlos Navarro (FCB) / 17,3
2007–08 TAU Cerámica Baskonia (2) 3–0 AXA FC Barcelona Estados Unidos Pete Mickeal (BAS) España Marc Gasol (GIR) España Rudy Fernández (JOV) / 19,9
2008–09 Regal FC Barcelona (15) 3–1 TAU Cerámica Baskonia España Juan Carlos Navarro (FCB) España Felipe Reyes (RMA) Serbia Igor Rakočević (BAS) / 19,8
2009–10 Caja Laboral Baskonia (3) 3–0 Regal FC Barcelona Brasil Tiago Splitter (BAS) Brasil Tiago Splitter (BAS) Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,1
2010–11 Regal F.C. Barcelona (16) 3–0 Bizkaia Bilbao Basket España Juan Carlos Navarro (FCB) España Fernando San Emeterio (BAS) Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,6
2011–12 Regal F.C. Barcelona (17) 3–2 Real Madrid Eslovenia Erazem Lorbek (FCB) Estados Unidos Andy Panko (GBC) Estados Unidos Andy Panko (GBC) / 18,9
2012–13 Real Madrid (31) 3–2 FC Barcelona Regal España Felipe Reyes (RMA) España Nikola Mirotić (RMA) Canadá Carl English (EST) / 17,2
2013–14 FC Barcelona Regal (18) 3–1 Real Madrid España Juan Carlos Navarro (FCB) Estados Unidos Justin Doellman (VAL) Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 17,9
2014–15 Real Madrid (32) 3–0 FC Barcelona Lassa España Sergio Llull (RMA) España Felipe Reyes (RMA) Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 18,6
2015–16 Real Madrid (33) 3–1 FC Barcelona Lassa España Sergio Llull (RMA) Grecia Ioannis Bourousis (BAS) Estados Unidos Darius Adams (BAS) / 17,2
2016–17 Valencia Basket (1) 3–1 Real Madrid Montenegro Bojan Dubljević (VAL) España Sergio Llull (RMA) Francia Edwin Jackson (EST) / 21,4
2017–18 Real Madrid (34) 3–1 Kirolbet Baskonia España Rudy Fernández (RMA) Eslovenia Luka Dončić (RMA) Estados Unidos Gary Neal (ZAR) / 20,6
2018–19 Real Madrid (35) 3–1 Barça Lassa España Facundo Campazzo (RMA) Arxentina Nicolás Laprovíttola (JOV) Arxentina Nicolás Laprovíttola (JOV) / 17,2
2019−20 Saski Baskonia (4) 69-67 Barça Lassa Arxentina Luca Vildoza (BAS) España Nikola Mirotić (FCB) Eslovenia Klemen Prepelič (JOV) / 22,3
2020−21 FC Barcelona (19) 2–0 Real Madrid España Nikola Mirotić (FCB) Xeorxia Giorgi Shermadini (CAN) Estados Unidos Melo Trimble (FUE) / 19,5
2021−22 Real Madrid (36) 3–1 Barça Cabo Verde Edy Tavares (RMA) Bosnia e Hercegovina Džanan Musa (BRE) Bosnia e Hercegovina Džanan Musa (BRE) / 20,1
2022−23 Barça (20) 3–1 Real Madrid España Nikola Mirotić (FCB) Xeorxia Giorgi Shermadini (CAN) Estados Unidos Jerrick Harding (MAN) / 16,2
2023−24 Real Madrid (37) 3–0 UCAM Murcia Bosnia e Hercegovina Džanan Musa (RMA) Arxentina Facundo Campazzo (RMA) Porto Rico Markus Howard (BAS) / 19,4

Palmarés

[editar | editar a fonte]

A ACB está oficialmente considerada como a continuación da desaparecida Liga Nacional, polo que ambas competicións están consideradas na seguinte táboa.[1] En mtoda a historia da competición, só sete equipos diferentes conseguiron proclamarse campións.[2]

Club C SC Temporadas
Real Madrid 37 14 1957, 1958, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1980, 1982, 1984, 1985, 1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018, 2019, 2022, 2024
Barcelona 20 23 1959, 1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2003, 2004, 2009, 2011, 2012, 2014, 2021, 2023
Joventut 4 10 1967, 1978, 1991, 1992
Baskonia 4 5 2002, 2008, 2010, 2020
Málaga 1 2 2006
Valencia 1 1 2017
Manresa 1 0 1998
Picadero 0 4
Estudiantes 0 4
Sevilla 0 2
Orillo Verde 0 1
Bilbao 0 1
UCAM Murcia 0 1

Líderes estatísticos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Líderes estatísticos da ACB.

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 6 000 puntos, considerados pola ACB "históricos".[3] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

Posto Xogador Partidos Puntos Media
1 España Alberto Herreros 654 9.759 14,92
2 España Jordi Villacampa 506 8.991 17,77
3 Estados Unidos Brian Jackson 392 8.651 22,07
4 España Felipe Reyes 824 8.332 10,34
5 España Juan Carlos Navarro 689 8.318 12,07
6 Estados Unidos Granger Hall 433 8.039 18,57
7 España Joan Creus 585 7.929 13,55
8 Estados Unidos Joe Arlauckas 365 7.543 20,67
9 España Álex Mumbrú 677 7.435 10,98
10 Croacia Velimir Perasović 354 7.387 20,87
11 España Epi 422 7.029 16,66
12 España Darryl Middleton 398 6.425 16,14
13 Estados Unidos Andre Turner 378 6.405 16,94
14 España Rafael Jofresa 756 6.327 8,37
15 Estados Unidos Richard Scott 350 6.199 17,71
16 Estados Unidos John Pinone 332 6.175 18,60
17 España Bernard Hopkins 456 6.088 13,35
18 Estados Unidos Claude Riley 308 6.074 19,72
19 España Xavi Fernández 499 6.042 12,11
20 España Chicho Sibilio 348 6.010 17,27

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 2.500 rebotes, considerados pola ACB "históricos".[5] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

Felipe Reyes
Posto Xogador Partidos Rebotes Media
1 España Felipe Reyes 824 4.725 5,70
2 Estados Unidos Granger Hall 433 4.292 9,91
3 España Carlos Jiménez 641 3.526 5,50
4 Estados Unidos Claude Riley 308 3.033 9,85
5 Croacia Ante Tomić 497 2.982 6,00
6 España Juan Antonio Orenga 616 2.933 4,77
7 Lituania Arvydas Sabonis 235 2.904 12,36
8 Galicia Fran Vázquez 656 2.842 4,33
9 España Bernard Hopkins 456 2.806 6,15
10 España Mike Smith 405 2.755 6,80
11 Estados Unidos Larry Micheaux 269 2.729 10,14
12 España Darryl Middleton 398 2.701 6,79
13 Estados Unidos Joe Arlauckas 365 2.626 7,19
14 España Alex Mumbrú 677 2.499 3,68
15 Estados Unidos Harper Williams 346 2.493 7,21
16 República Centroafricana Anicet Lavodrama 345 2.429 7,04
17 España Alfonso Reyes 461 2.417 5,24
18 Bélxica Axel Hervelle 473 2.355 4,98
19 España Ramón Rivas 307 2.290 7,46
20 España Ferrán Martínez 417 2.287 5,48

Asistencias

[editar | editar a fonte]

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 1 500 asistencias, considerados pola ACB "históricos". Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

Pablo Laso.
Posto Xogador Partidos Asistencias Media
1 España Pablo Laso 623 2.896 4,64
2 Brasil Marcelinho Huertas 589 2.535 4,30
3 España Nacho Azofra 705 2.224 3,15
4 España Albert Oliver 675 2.074 3,07
5 España Nacho Rodríguez 737 2.032 2,76
6 Estados Unidos Elmer Bennett 361 1.838 5,09
7 España José Luis Llorente 474 1.768 3,73
8 España Sergio Llull 550 1.751 3,18
9 Estados Unidos Andre Turner 378 1.748 4,62
10 Arxentina Pablo Prigioni 461 1.721 3,73
11 Montenegro Omar Cook 319 1.704 5,34
12 España Salva Díez 519 1.691 3,26
13 España Javi Salgado 462 1.672 3,62
14 España Juan Carlos Navarro 689 1.637 2,38
15 España Rafael Jofresa 758 1.569 2,07
16 España Sergio Rodríguez 333 1.475 4,43
17 España Joan Creus 585 1.461 2,50
18 España Rodrigo San Miguel 527 1.445 2,74
19 España José Miguel Antúnez 601 1.423 2,37
20 España Tomás Bellas 433 1.402 3,23
Fran Vázquez posúe o récord de tapóns nun partido de ACB con 12.
  • Máis puntos nun partido
  • Máis canastras nun partido
  • Máis triplas nun partido
  • Máis tiros libres nun partido
  • Máis rebotes nun partido
  • Máis asistencias nun partido
  • Máis reoubos nun partido
  • Máis tapóns nun partido
  • Valoración
  • Anotadores prolíficos
  • Partidos de máis de 30 puntos nunha temporada: 24 por Walter Berry en 1990−91
  • Partidos de máis de 30 puntos consecutivos: 13 por Walter Berry en 1990−91 (desde a xornada 4 até a 16)
  • Xogadores con partidos de máis de 20 rebotes
  • Dobres-Dobres
  • Triplos-Dobres
    • Mike Smith con 31 puntos, 10 rebotes e 10 roubos o 21 de outubro de 1989
    • Nacho Suárez con 10 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 11 de novembro de 1991
    • Nacho Suárez con 15 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 9 de decembro de 1991
    • George Singleton con 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns o 12 de febreiro de 1994
    • Dejan Tomašević con 14 puntos, 13 rebotes e 10 asistencias o 12 de maio de 2004
    • Fran Vázquez con 11 puntos, 10 rebotes e 12 tapóns o 7 de xaneiro de 2007
    • Luka Dončić con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias o 9 de maio de 2018
  • Máis puntos nun partido
  • Menos puntos nun partido
  • Vitoria por maior diferenza
  • Vitoria con menos puntos
  1. Inclúe os resultados do CB Caja de Ronda
  2. Inclúe os resultados do vello CB Canarias
  1. "El Palmarés de la Liga Endesa". ACB.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  2. "Valencia Basket, séptimo campeón de Liga Endesa". ACB.com. 16 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  3. "Históricos: Anotadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "¿Qué jugadores pueden convertirse en históricos acb?". ACB. 22 de maio de 2022. 
  5. "Históricos: Reboteadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]