Lineal A
O lineal A é unha escrita que se empregou na Creta antiga. Suponse que transcribe a lingua dos minoicos.
Dela derivan dúas escrituras: o lineal B, usado en Creta e en Grecia, que foi descifrado nos anos 50 por Michael Ventris e John Chadwick e que transcribe un dialecto grego e o chipro-minoico, que se utilizou en Chipre, tamén por descifrar, do cal viría o silabario chipriota, perfectamente lexible e que nota un dialecto grego.
O lineal A remóntase á época minoica, un período e unha civilización de Creta anterior ás invasións gregas, máis ou menos desde o -2000 ao -1400.
Xeralmente escríbese de esquerda a dereita, pero hai exemplos do contrario.
Tentativas de desciframento
[editar | editar a fonte]Unha das primeiras tentativas, tras o éxito do desciframento do lineal B, foi conservar os valores fonéticos do lineal B e aplicalos ao seu predecesor.
Desgraciadamente, as taboíñas permaneceron incomprensibles, e as poucas palabras cuxo senso podía ser deducido do contexto non se correspondían con palabras gregas. Se o valor fonético do lineal A é o mesmo que o do lineal B, a lingua transcrita non é grega; tampouco se deu establecido paralelo ningún coas linguas semíticas.
Os outros traballos realizados, esencialmente estatísticos, fixeron xurdir algunhas hipóteses:
- o lineal A parece que só transcribe unha soa lingua en toda Creta.
- esta lingua parece ser aglutinante, cousa que exclúe as linguas indoeuropeas, que son flexivas, e os idiomas semíticos.
Pero estes elementos quedan polo momento como hipóteses.
Outros
[editar | editar a fonte]- code ISO 15924 : Lina
Notas
[editar | editar a fonte]- L. Bonfante, J. Chadwick, B. F. Cook, W. V. Davies, J. F. Haley, J. T. Hooker et C. B. F. Walker, La naissance des écritures, du cunéiforme à l'alphabet, Paris, 1994. En particular o texto de John Chadwick sobre o lineal A.
- Le linéaire A, extraído da tese doutoral de Cyrill Ruatta, 1998, baixo a dirección de J. Vanschoonwinkel e de F. Rebuffat.