Linguas valyrias
Linguas valyrias | ||
---|---|---|
Creado por: | David J. Peterson, George R. R. Martin | 2012 |
Emprego e uso: | A Song of Ice and Fire (1996– ) Game of Thrones (2011– ) | |
Total de falantes: | ||
Categoria (propósito): | Lingua artificial Linguas ficticias Linguas valyrias | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas valyrias son unha familia de linguas ficticias da serie de novelas de fantasía A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin, e da adaptación á serie de televisión Game of Thrones.
Nas novelas, o alto valyrio e as linguas descendentes dela son mencionadas a miúdo, pero non están desenvolvidas alén dunhas poucas palabras. Para a serie de televisión, o lingüista David J. Peterson creou o alto valyrio, así como os seus derivados, o astapori e o valyrio de Meereen, e que están baseados en fragmentos recollidos nas novelas.[1] O valyrio, xunto co dothraki, foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".[2]
Alto valyrio
[editar | editar a fonte]Nyke Daenerys Jelmāzmo hen Targārio Lentrot, hen Valyrio Uēpo ānogār iksan. Valyrio muño ēngos ñuhys issa.
"Son Daenerys Stormborn da Casa Targaryen, do sangue da Antiga Valyria. O valyrio é a miña lingua nai."
No mundo de A Song of Ice and Fire, o alto valyrio ocupa un espazo cultural semellante ó do latín na Europa medieval.[4] As novelas describen que xa non é unha lingua de uso cotián, senón que é unha lingua de aprendizaxe e educación entre a nobreza de Essos e Westeros, con moita literatura e cancións compostas en valyrio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peterson, David J. (31 de marzo de 2013). "Valar Dohaeris". Dothraki.com. Consultado o 27 de abril de 2013.
- ↑ The Economist (ed.). "The complex linguistic universe of "Game of Thrones"". Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ Peterson, David J. (22 de abril de 2013). "Sesīr Urnēbion Zȳhon Keliton Issa". Dothraki.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Tharoor, Ishaan (3 de maio de 2013). "Tongues of Ice and Fire: Creating the Languages in Game of Thrones". Time. Consultado o 3 de maio de 2013.