Liv and Maddie
Liv and Maddie | |
---|---|
Xénero | Sitcom familiar |
Creado por | John D. Beck Ron Hart |
Dirixido por | Andy Fickman (30 episodios) Adam Weissman (13) Jody Margolin Hahn (6) Leonard R. Garner Jr (6) Rich Correll (3) Chris Poulos (3) Kevin Charles Sullivan (3) Wendy Faraone (3) Shelley Jensen (2) Victor Gonzalez (2) John D. Beck (2) Linda Mendoza, Benjamin King, Shannon Flynn, Dave Cove, Paul Hoen (1 episodio cada un) |
Intérpretes | Dove Cameron Joey Bragg Tenzing Norgay Trainor Kali Rocha Benjamin King Lauren Lindsey Donzis |
Tema de apertura | "Better in Stereo", interpretada por Dove Cameron |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 80 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | John D. Beck Ron Hart Andy Fickman Betsy Sullenger John Peaslee |
Produtor(es) | Linda Mathious Heather MacGillvray Greg A. Hampson |
Duración | 22 a 24 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Disney Channel |
Primeiro episodio | 19 de xullo de 2013 |
Derradeiro episodio | 24 de marzo de 2017 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Liv and Maddie (en galego, Liv e Maddie) é unha comedia de situación estadounidense creada por John D. Beck e Ron Hart e producido por It's a Laugh Productions para Disney Channel. A serie está protagonizada por Dove Cameron, que interpreta a dous xemelgos idénticos con personalidades totalmente diferentes. Liv é unha rapaza moi feminina ("girly", en termos do idioma orixinal, o inglés) que foi actriz en Hollywood durante catro anos. Ofrécenlle máis papeis noutros programas e películas, pero decide volver á casa porque ten morriña da familia e quere velos de novo. A súa irmá Maddie é un macholo con facilidade para os deportes, en especial o baloncesto. Joey é o fillo do medio da familia Rooney, mentres Parker é o fillo máis novo. O seu pai é o adestrador do equipo de baloncesto de Maddie, e súa nai é a psicóloga da escola (máis tarde vice-directora). A serie xira en torno á tentativa de Liv de restablecer unha vida familiar normal despois de rematar a produción do seu programa televisivo de éxito "Sing It Loud!".
Liv and Maddie comezou a produción en abril de 2013, cun episodio piloto transmitido o 19 de xullo de 2013, tras a estrea da película orixinal de Disney Channel Teen Beach Movie[1]. A primeira promo da serie foi vista o venres, 28 de xullo de 2013, despois da estrea de Disney's Mickey Mouse Shorts.
O 13 de xaneiro de 2014, Disney Channel renovou Liv and Maddie para unha segunda tempada de 13 episodios, para ser estreada no outono de 2014.[2] A segunda tempada foi posteriormente ampliada a 24 episodios.[3] A primeira tempada terminou o 27 de xullo de 2014, e a segunda tempada comezou o 21 de setembro do mesmo ano. O 3 de abril de 2015, a serie foi renovada para unha terceira tempada polo Disney Channel,[4] que desenvolveuse en 20 episodios entre o 20 de setembro dese ano e o 19 de xuño de 2016. A derradeira tempada tivo 15 episodios, que se emitiron entre o 23 de setembro do 2016 e o 24 de marzo de 2017.
O único director que participou nas catro tempadas foi Andy Fickman, que dirixiu case toda a primeira época (20 dos 21 episodios), así como catro da segunda, dous da terceira e outros catro da cuarta.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A actriz Liv Rooney (Dove Cameron) acaba de volver á súa casa en Stevens Point, Wisconsin[5], despois de pasar catro anos en Hollywood filmando un popular programa de televisión chamado Sing It Loud!, que acaba de rematar. Os seus pais, irmáns, e irmá xemelga, Maddie (tamén interpretada por Cameron) recíbenlle cos brazos abertos. As xemelgas tiñan a esperanza de retomar a súa relación antes de que Liv marchara, pero en vez diso as súas personalidades resultan opostas e con intereses diferentes. Liv fíxose moi feminina e desfruta cada vez que alguén lle menciona a súa anterior carreira, mentres que Maddie tornouse un macholo interesada en mellorar as súas habilidades no baloncesto e que é capitán do seu equipo de baloncesto. Teñen dous irmáns: Joey (Joey Bragg), un típico e torpe adolescente, e Parker (Tenzing Norgay Trainor), un neno confiado e intelixente. O clan Rooney se completa coa súa nai Karen (Kali Rocha), psicóloga da escola (máis tarde vice-directora), e o seu pai Pete (Benjamin King), adestrador de baloncesto de Maddie, que agora están ansiosos por coidar de todos os seus fillos baixo un mesmo teito. Algúns eventos teñen lugar en Ridgewood High, a escola á que asisten os tres nenos maiores dos Rooney e onde os pais traballan.
Unha característica especial da serie son os cortes producidos no relato, nos que os personaxes rompen a cuarta parede para falar aos espectadores de diferentes cousas.
Elenco e personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]- Dove Cameron como Liv e Maddie Rooney
- Joey Bragg como Joey Rooney
- Tenzing Norgay Trainor como Parker Rooney
- Kali Rocha como Karen Rooney
- Benjamin King como Pete Rooney
- Lauren Lindsey Donzis como Ruby[6]
Personaxes recorrentes
[editar | editar a fonte]- Ryan McCartan como Diggie
- Jessica Marie Garcia como Willow
- Bridget Shergalis como Stains
- Jimmy Bellinger como Artie
- Cozi Zuehlsdorff como Ocean
- Allen Alvarado como Skippy Ramirez
- Carter Hastings como Evan
- Herbie Jackson como Reggie
- Larry Miller como Director Fickman
- Kurt Long como Johnny Nimbus
Estrelas invitadas
[editar | editar a fonte]- Dwight Howard como Bernard
- Laura Marano como Emmy "Fangs" Wulfert
- Kel Mitchell como Q-Pop
- Raquel Castro como South Salamanaca
- Anne Winters como Kylie Kramer
- Samm Levine como Chambers
- Gabrielle Elyse como Skylar
- Connor Weil como Miller White
- Ella Anderson como Jenny Keene
- Dorie Barton como Bree
- Marla Maples como Amy Becker
- Garry Marshall como Vic DeFazerelli
- Dove Cameron como Helga
- Piper Curda como Kathy Kan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Newcomer Dove Cameron Lands Dual Roles in Upcoming Disney Channel Sitcom ‘Liv and Maddie’". TVbytheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 27 de maio de 2015.
- ↑ Philiana Ng (13 de xaneiro de 2014). "Disney Channel Renews 'Liv and Maddie' (Exclusive)". hollywoodreporter.com. Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
- ↑ Beck, John D. (13 de setembro de 2014). "Why haven't we got 21 episodes for season 2:(" we have 24.". Consultado o 13 de setembro de 2014.
- ↑ Elizabeth Wagmeister (3 de abril de 2015). "‘Liv and Maddie’ Renewed for Season 3 at Disney Channel (EXCLUSIVE)". variety.com. Consultado o 3 de abril de 2015.
- ↑ "Skate-A-Rooney". Liv and Maddie. Tempada 1. Episodio 6. 13 de outubro 2013. 00:36 No minuto. Disney Channel.
- ↑ "Liv and Maddie (TV Series 2013–2017) - IMDb". Consultado o 2022-02-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)
- Liv and Maddie na IMDb (en inglés).