Saltar ao contido

Lobectomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxes intraoperatorias de antes e despois da disección dos ganglios linfáticos do mediastino superior

A lobectomía é a extirpación cirúrxica dun lobo dun órgano ou dunha glándula.[1][2]

Os órganos implicados adoitan ser o pulmón, o fígado ou o cerebro e, dentro das glándulas, a glándula tiroide. As indicacións destas operacións están frecuentemente relacionadas con cancros, quistes ou tumores benignos ou, máis raramente, con enfermidades infecciosas (en particular pulmonares ou hepáticas).

Cómpre non confundir con lobotomía, que é a incisión cirúrxica (abertura, normalmente pouco profunda) practicada nun lobo dun órgano ou dunha glándula.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo está formado pola unión dos elementos da linguaxe científica lob- e -ectomía. O primeiro está tirado do grego antigo λοβός lobós, "lobo", e o segundo deriva do latín científico -ectomia, derivado á súa vez do grego antigo ἐκτομή ektomḗ "amputación " e do latín científico -ia "-ía", respectivamente.[2][3]

Denomínanse segundo o órgano ou glándula extirpada:

  • Lobectomía cerebral: é a extirpación cirúrxica dun lobo cerebral.
  • Lobectomía hepática ou hepatectomía: é a extirpación cirúrxica dun lobo do fígado.
  • Lobectomía pulmonar ou pneumonectomía: é a extirpación cirúrxica dun lobo pulmonar.
  • Lobectomía tiroidea ou tiroidectomía: é a extirpación cirúrxica dun lobo da glándula tiroide. Cando a ablación é da metade desta glándula denomínase hemitiroidectomía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]