Long Island Sound
(en) Long Island Sound | ||||
Tipo | Estuario | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Long Island | |||
Inicio | ||||
División administrativa | Estados Unidos de América | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | Río Connecticut, Housatonic River (en) , Mystic River (en) , Thames River (en) , Mamaroneck River (en) , Rio Nissequogue (pt) , Norwalk River (en) , Niantic River (en) | |||
O Long Island Sound (estreito de Long Island) é un estuario do océano Atlántico, onde desembocan numerosos ríos da rexión de Nova York, nos Estados Unidos. Está situado entre as costas Connecticut ao norte e Long Island ao sur, e as beiras de Nova York ao suroeste. A desembocadura do río Connecticut en Old Saybrook (Connecticut) atópase no estreito de Long Island. Ao final do extremo oeste, está bordeado polo lado norte polo condado de Westchester (Nova York) e o Bronx, e únese ao East River. Este estreito está ás veces considerado como a fronteira natural entre Nova Inglaterra e os estados da rexión do Mid-Atlantic (Nova York, Pensilvania, Nova Jersey, Maryland e Delaware.)
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro europeo en navegar polo Long Island Sound foi o explorador e comerciante holandés Adriaen Block en 1614 a bordo do buque Onrust explorou o East River e entrou no Long Island Sound. Viaxando ao longo do estreito, internouse no río Housatonic (que era chamado o "Río dos Outeiros Vermellos") e no río Connecticut, que explorou polo menos ata o que é na actualidade Hartford, sesenta millas río dentro [1].
Durante o período colonial este estreito era chamado The Devil's Belt (O Cinto do Diaño)[2] e os arrecifes que se atopan no seu percorrido eran coñecidos como Devil's Stepping Stones (Os Chanzos do Diaño).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O estreito de Long Island ten unha lonxitude de preto de 145 km e unha anchura que vai dos 5 aos 32 km. A profundidade media é de 20 m, cunha profundidade máxima de 45 metros.
O río principal que desemboca na súa parte norte é o río Connecticut. Outros ríos que desembocan ao longo da costa de Connecticut son o Thames e o Housatonic. A costa é baixa e areosa.
As maiores cidades ao longo da costa de Connecticut son, do leste ao oeste: New London, New Haven, Bridgeport, Stamford e Greenwich. Ao noroeste a costa do condado de Westchester está densamente poboada. O estreito baña a cidade de Nova York ao oeste, onde se sitúa o Bronx, e ao suroeste onde se atopa Queens.
Vías de comunicación
[editar | editar a fonte]O Long Island Sound é un brazo de mar con moito tráfico. Existe un servizo de transbordador que conecta a Port Jefferson no condado de Suffolk (estado de Nova York) con Bridgeport en Connecticut. Máis ao leste unha conexión a través de transbordador entre Orient Point, pequena cidade ao extremo nor-oriental da illa de Long Island con New London en Connecticut.
No extremo suroeste da canle, onde as súas augas atópanse coas do East River, construíuse a ponte Throgs Neck Bridge inaugurado en 1961 que conecta Queens co Bronx.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Connecticut River Homepage: Adriaen Block". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2004. Consultado o 09 de setembro de 2007.
- ↑ "Moriches Bay History". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2007.