Luise Rainer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1910 Düsseldorf (Imperio Alemán) |
Morte | 30 de decembro de 2014 (104 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | pneumonía |
Residencia | Düsseldorf (1927–) Düsseldorf (1910–) Viena (década de 1910–) Hamburgo Londres |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1928 - 1997 |
Profesores | Max Reinhardt (pt) e Constance Collier (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Knittel (1945–1989), morte do cónxuxe Clifford Odets (1937–1940), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide |
|
Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 e finada en Londres o 30 de decembro de 2014,[1] foi unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.
Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy.[2]
A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interveu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.
Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.[3]
Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres, onde faleceu, vítima dunha pneumonía no 2014.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1932 | Sehnsucht 202 |
1932 | Madame hat Besuch |
1933 | Heut' kommt's drauf an |
1935 | Escapade |
1936 | The Great Ziegfeld |
1937 | The Good Earth |
1937 | The Emperor's Candlesticks |
1937 | Big City |
1938 | The Toy Wife |
1938 | The Great Waltz |
1938 | Dramatic School |
1943 | Hostages |
1997 | The Gambler |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luise Rainer, Hollywood golden era Oscar winner, dies aged 104
- ↑ "How Hollywood 'Discovered' Its Latest Foreign Star" by Dan Thomas, Laredo Morning Times, 17 November 1935 p. 13
- ↑ Ciaccia, Maria. "A victim of the 'Oscar curse'". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luise Rainer na IMDb (en inglés).