Manu Gavassi
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Manoela Latini Gavassi Francisco 4 de xaneiro de 1993 (31 anos) São Paulo, Brasil |
Outros nomes | Manu Gavassi |
Altura | 153 cm |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, actriz, directora de cinema |
Período de tempo | Século XXI |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Universal Music Group |
Participou en | |
2020 | Big Brother Brasil 20 (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Páxina web | manugavassi.com |
|
Manoela Latini Gavassi Francisco, máis coñecida simplemente como Manu Gavassi (São Paulo, 4 de xaneiro de 1993), é unha actriz, cantante e compositora brasileira. Lanzou no 2010 o seu primeiro álbum titulado Manu Gavassi.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Inicio da vida
[editar | editar a fonte]Manu Gavassi naceu en São Paulo o 4 de xaneiro de 1993, filla do presenetador de radio e televisión Zé Luis Francisco e Daniela Gavassi. Aos 13 anos de idade, ela aprendeu co seu pai a tocar a guitarra clásica.
2010-11: inicio de carreira e primeiro álbum
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira facendo covers de cancións de Justin Bieber e Miley Cyrus que subía ao seu canle de YouTube ata que o seu pai, que traballaba na radio Jovem Pan FM enviou unha demo ao produtor Rick Bonadio, que a chamou para gravar o seu primeiro álbum. Após isto, Manu comezou a traballar no disco, que foi gravado en dous meses e lanzado o 31 de agosto de 2010. O seu primeiro sinxelo foi "Garoto Errado" e foi lanzado unha semana antes do lanzamento do disco. O videoclip desa canción, conseguiu máis de 17 millóns de visitas no YouTube.
O 15 de novembro de 2011, Manu lanzou unha nova canción, "Odeio", que está presente na edición deluxe do seu álbum de estrea Manu Gavassi.
2012-actualidade: Clichê Adolescente e estrea na TV
[editar | editar a fonte]O día 17 de setembro de 2012, Manu lanzou o seu primeiro sinxelo do segundo álbum de estudio, Conto de Fadas. No iTunes, a canción alcanzou como mellor posición un 5º posto, en 16 horas após o seu lanzamento.
En abril de 2013, Manu lanzou no iTunes o segundo sinxelo do seu segundo álbum de estudio, titulado "Clichê Adolescente". O 13 de maio de 2013, Manu lanzou na súa páxina de Facebook o terceiro sinxelo, chamado "Cicatriz". Clichê Adolescente saíu nas tendas o día 29 de novembro de 2013.
En febreiro de 2014 estreouse como actriz na telenovela Em Família.
Discografía
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2011 | Julie e os Fantasmas | Débora | Participación especial |
2013 | Lary e os Sinistros | Victoria | Soamente voz |
2014 | Em Família | Paula Melo (Paulinha)[2] | - |
Malhação | Victória Nóbrega de Oliveira [3] | Co-antagonista |
Cinema
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2012 | Brave | Princesa Merida | voz (cancións) |
2013 | No Capricho: O Filme | Ela mesma[4] | Bastidores |
2014 | A lenda de Oz | Dorothy | Soamente voz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R7.com (4 de janeiro de 2012). "Manu Gavassi completa 19 anos nesta quarta; saiba mais sobre a cantora". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 3 de janeiro de 2014.
- ↑ Gshow (15 de março de 2014). "Segredo! Cantora teen Manu Gavassi solta a voz em cena com música própria". Extras - Em Família. Consultado o 20 de novembro de 2014.
- ↑ Bruno Dias (14 de novembro de 2014). "Cenas de Manu Gavassi em Malhação vão ao ar em dezembro. Conheça a personagem!". Capricho. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2014.
- ↑ Pure Break (9 de outubro de 2013). "Chay Suede toca violão ao lado de Manu Gavassi em "No Capricho - O Filme"". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 1º de setembro de 2014.