Saltar ao contido

Martinsa-Fadesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martinsa-Fadesa
TipoSociedade anónima
Fundación2007
LocalizaciónA Coruña
Persoas claveFernando Martín Álvarez (presidente)
Industriainmobiliaria
Na rede
http://www.martinsafadesa.com
editar datos en Wikidata ]
Vivendas en venda pola construtora Martinsa-Fadesa en L'Hospitalet de Llobregat.

Martinsa-Fadesa, S.A. é unha das grandes empresas inmobiliarias de España. A empresa xurdiu en 2007 pola fusión dos negocios de Martinsa e de Fadesa, tras a oferta pública de adquisición (OPA) realizada por Martinsa sobre Fadesa por 4.045 millóns de euros.

En xullo de 2008, presentou o concurso de acredores voluntario, cun pasivo de ao redor de 7.000 millóns de euros, marcando un récord na historia de España. O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña foi o encargado de tramitalo. Os seus principais acredores foron entidades financeiras españolas: Caja Madrid, La Caixa e Banco Popular, entre outras.

O accionista que controla a empresa é Fernando Martín. Como accionistas minoritarios atopamos a caixas de aforros (Bancaja e Ahorro Corporación) e a grandes empresarios como Dolores Ortega (sobriña de Amancio Ortega) e a Jesús Salazar.