Mary Morandeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1905 Lugo, España |
Morte | século XX Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Mary Morandeira Estévez, nada en Lugo o 22 de decembro de 1905 e finada nos Estados Unidos de América, foi unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do lucense Magín Morandeira Núñez, emigrado en Cuba, onde casou con Caridad Estévez. Naceu en Lugo durante unha visita dos seus pais á cidade. Con doce anos xa escribía na revista Bohemia. En 1924 era redactora-xefe de Elegancias. Fixo recitais poéticos acompañada ao piano por Ernesto Lecuona. Publicou tres libros de poesía. Traballou como redactora do Ministerio de Asuntos Exteriores e dirixiu a revista Continente. Foi membro do PEN Club. Anunciou en televisión produtos de estética. Visitou Galicia en 1956 como agregada de prensa da Embaixada de Cuba en México.[1] Despois da Revolución Cubana foi destituida do cargo e exiliouse nos Estados Unidos de América, onde morreu.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Auroras, 1925, con prólogo de Eduardo Zamacois.
- Plenilunios, 1927, Medalla de Ouro da Real Academia Española de Ciencias y Artes de Cádiz.
- Estremecimiento, 1929, con preámbulo de Eduardo Zamacois.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Habib Estéfano en mi vida, 1946.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1941 co filósofo libio Habib Estéfano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 6-11-1956, p. 7.
- ↑ Habib Estéfano 1888-1946
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. ISBN 84-8472-069-1.