Meseta das Mascareñas
A Meseta das Mascareñas é unha meseta oceánica situada ao leste da illa de Madagascar que se estende ao redor do 2000 km ao longo entre as Seychelles no norte até a Illa da Reunión no sur. Deste xeito, abrangue un espazo de 115 000 km², o que a converte na meseta máis grande do océano Índico, ocupando o centro-oeste, a unha profundidade de entre 8 e 150 m , que contrastan coa profundidade do leito de 4000 m .
A meseta formaba parte da área oriental de Gondwana, un “supercontinente” xurdido fai 600 millóns de anos, que comezou a fracturarse no período xurásico. A meseta sitúase ao leste de Madagascar e ao suroeste do Índico, e actualmente esténdese nun arco até o norte das illas Seychelles. Situándose nela os restos do antigo e pequeno continente prehistórico desgarrado ao que bautizaron como Mauritia baixo as terras emerxidas das illas Mauricio e Reunión.[1]
Após sucesivos desprendementos que deron lugar a Madagascar, a India, Australia e a Antártida, que derivaron até ocupar as súas actuais posicións, un pedazo desas masas continentais á deriva, empezou a se afundir, por períodos de tempo, estando emerxida por última vez segundo estimacións, hai uns 6000 anos, cando o nivel do mar baixou 130 metros durante a última glaciación.
A meseta das Mascareñas, como Zealandia, son os restos dun continente case mergullado, que se afundiu despois de separarse da India fai 60-85 millóns de anos. A maior parte está afundida baixo o océano Índico, excepto a área das Seychelles graníticas, que ocuparía as áreas montañosas remanentes que non se mergullaron. As extensas illas situadas sobre a meseta corresponden a erupcións volcánicas que recubriron a meseta ou a crecementos coralinos nas augas pouco profundas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Descubren a Mauritia, un pequeño continente prehistórico en el Océano Índico Arquivado 25 de decembro de 2014 en Wayback Machine. LaGranÉpoca.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Continente de Mauritia
- Subcontinente indio
- Océano Índico
- Illas Mascareñas
- Mauricio
- Seychelles
- Illas Agalega