Microclima
Un microclima é un clima local de características distintas ás da zona en que se sitúa. É un conxunto de patróns e procesos atmosféricas que caracterizan unha contorna ou ámbito reducido.
Os factores que o compoñen son a topografía, temperatura, humidade, altitude-latitude, luz, a cobertura vexetal e as obras humanas (arquitectura urbana, industria ou procesos económicos, entre outros) que poden incidir nas variables atmosféricas (meteorolóxicas máis que climáticas) e que serven para suavizar os valores extremos (aire acondicionado en época de calor, calefacción en épocas de frío) dun lugar xeralmente urbano e que terminan por modificar a escala moi local o clima normal dun lugar.
Ademais dos microclimas naturais, existen os microclimas artificiais, que se crean principalmente nas áreas urbanas debido ás grandes emisións de calor e de gases de efecto invernadoiro destas.