Middle East Airlines
Middle East Airlines | ||
---|---|---|
IATA ME | OACI MEA | Indicativo CEDAR JET |
Fundación | 31 de maio de 1945 | |
Plan de voo frecuente | Cedar Miles | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 20 | |
Destinos | 31 | |
Holding | Banque du Liban | |
Eslogan da compañía | From Lebanon to the World | |
Sede | Beirut, Líbano | |
Páxina web: http://www.mea.com.lb/ |
Middle East Airlines – Air Liban S.A.L. (árabe: طيران الشرق الأوسط ـ الخطوط الجوية اللبنانية Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ - al-Khuṭūṭ al-jawiyyah al-lubnāniyyah), comunmente coñecida como Middle East Airlines (MEA) (árabe: طيران الشرق الأوسط Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ), é a aeroliña nacional do Líbano. Ten a súa sede en Beirut, preto do aeroporto Internacional Rafic Hariri. Realiza voos internacionais regulares a Asia, Europa, Oriente Medio e África dende o seu centro de conexións no aeroporto Rafic Hariri.
Middle East Airlines é membro da alianza de aeroliñas SkyTeam, a Organización Árabe de Aeroliñas (AACO), e a Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA). A compañía expresou o seu interese por converterse en membro asociado da alianza SkyTeam a principaios de 2006 nunha conferencia de prensa en Nova York. O 28 de febreiro de 2011 MEA asinou oficialmente o acordo de asociación con SkyTeam nunha cerimonia en Beirut. O 28 de xuño de 2012. MEA uniuse oficialmente á alianza para converterse no seu 17º membro, ademais do seu segundo membro do Oriente Medio.
Frota
[editar | editar a fonte]En setembro de 2016 a frota de Middle East Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avións | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 13 | 1 | 24 | 102 | 126 | Un avión pintado coa librea SkyTeam. |
Airbus A321-200 | 2 | — | 31 | 118 | 149 | Un avión pintado cunha librea especial retro. Serán retirados en 2017. |
Airbus A321neo | — | 10 | TBA | 185 | As entregas comezarán en 2018. | |
Airbus A330-200 | 5 | — | 44 | 200 | 244 | |
Total | 20 | 11 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de MEA en Planespotters". Consultado o 5 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]