Millie Bobby Brown
Millie Bobby Brown, nada en Marbella o 19 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo británica.[1] Comezou a súa carreira na actuación cando se mudou a Orlando (Florida) en 2011. Actuou na serie da BBC Intruders e apareceu en diversas series de televisión, incluíndo Once Upon a Time in Wonderland, NCIS, Modern Family e Grey's Anatomy. Saltou á fama polo seu papel de Eleven na serie Stranger Things de Netflix, polo que foi nomeada, á idade de 13 anos, nos Premios Emmy a mellor actriz secundaria nunha serie.[2][3] Así mesmo, foi nomeada polo Sindicato de Actores de Cine ó premio para a mellor interpretación feminina nunha serie dramática, e gañou, xunto co resto do elenco, o galardón á mellor interpretación de elenco dunha serie dramática en 2017.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Brown reside entre Londres e Atlanta, Xeorxia.[5] Declarou que é seareira do Liverpool F.C., como o seu irmán e o seu pai.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Millie Bobby Brown - Full Panel/Q&A - SLCC 2016".
- ↑ "Duffer Bros. Netflix Supernatural Drama Series Sets Young Cast, Gets Title".
- ↑ "Meet 'Stranger Things' Breakout Millie Bobby Brown, aka Lucky Number Eleven".
- ↑ "SAG Awards 2017: Complete Nominees and Winners List".
- ↑ "How 'Stranger Things' Star Millie Bobby Brown Made Eleven 'Iconic' and Catapulted Into Pop Culture".
- ↑ "'Stranger Things' star: Why I love Liverpool FC".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Millie Bobby Brown na IMDb (en inglés).