Montevideo Wanderers Fútbol Club
Aparencia
Montevideo Wanderers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Montevideo Wanderers Fútbol Club | |||
Alcume(s) | "Bohemios, Vagabundos" | |||
Fundación | 15 de agosto de 1902 | |||
Estadio | Parque Alfredo Víctor Viera | |||
Inauguración | 15 de outubro de 1933 | |||
Capacidade | 12 500 | |||
Presidente | Gabriel Blanco | |||
Adestrador | José Daniel Carreño | |||
Liga | Primeira División do Uruguai | |||
2020 | 10 | |||
Na rede | ||||
https://www.mwfc.com.uy | ||||
| ||||
O Montevideo Wanderers Fútbol Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo fundado en 1902. Os seus seareiros son alcumados "bohemios" ou "vagabundos" e milita na Primeira División do Uruguai. O seu estadio é o Parque Alfredo Viera, con capacidade para 15 000 espectadores no barrio do Prado de Montevideo.
Orixe
[editar | editar a fonte]O equipo naceu o 15 de agosto de 1902. Sobre a procedencia do nome hai dúas teorías: dunha parte uns afirman que os seus fundadores admiraban o Wolverhampton Wanderers F.C., un club británico; mentres que outros consideran que foron chamados vagabundos polos seareiros do Albion, un equipo de moita sona na época[1].
Palmarés
[editar | editar a fonte]Estes son algúns dos títulos máis senlleiros do Montevideo Wanderers ao longo da súa traxectoria:[2]
- Campión Uruguaio: 1906, 1909, 1923, 1931.
- Campión da Copa de Honra: 1908, 1910, 1937.
- Campión da Copa e Campionato Competencia: 1906, 1908, 1911, 1917, 1918, 1987, 1990.
- Campión da Liga Pre-Libertadores de América: 1987, 2001.
- Campión de Clausura e primeiro posto na táboa anual: 2013 – 2014.
- Campión Copa Montevideana: 1980, 1981, 1985.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Montevideo Wanderers Fútbol Club celebra este 15 de agosto sus 118 años". Revista Galeria de Busqueda en Montevideo Portal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 2021-03-30.
- ↑ "Montevideo Wanderers Futbol Club". www.mwfc.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-03-30.