Saltar ao contido

Mosteiro de las Huelgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de las Huelgas
PaísEspaña
LocalizaciónBurgos
Coordenadas42°20′10″N 3°43′13″O / 42.3361, -3.7202
DioceseArquidiocese católica latina de Burgos
Orde relixiosaFreiras cistercianas
EstiloArte cisterciense
Páxina webhttp://www.monasteriodelashuelgas.org/
editar datos en Wikidata ]
Las Claustrillas, no mosteiro de Las Huelgas

O mosteiro de Las Huelgas é un mosteiro cisterciense feminino, fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela e a súa esposa, a princesa de Inglaterra Leonor Plantagenet, filla de Leonor de Aquitania e de Henrique II de Inglaterra.

Situación

[editar | editar a fonte]

Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.

Na Idade Media, foi o máis importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa católica.

O mosteiro tivo numerosas abadesas (todas pertencentes á familia real castelá), entre os cales a infanta Costanza de Castela, filla de Leonor e de Afonso VIII, que foi abadesa de Las Huelgas de 1219 a 1243 e a infanta Berengaria, filla de Beatriz da Suavia e de Fernando III de León e Castela (1201-1252) e, por tanto, irmá de Afonso X o Sabio, rei de Castela e León.

Na música

[editar | editar a fonte]
  • O grupo de música antiga Martín Códax ten editado cancións medievais dos códices deste mosteiro de freiras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]