Saltar ao contido

Motoori Norinaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMotoori Norinaga

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 本居宣長 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1730 Editar o valor en Wikidata
Matsusaka, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1801 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Matsusaka, Xapón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMotoori Norinaga's former residence (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, filósofo, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDomínio de Wakayama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHori Keizan (en) Traducir e Kamo no Mabuchi Editar o valor en Wikidata
AlumnosTanaka Michimaro (en) Traducir, Hattori Nakatsune (en) Traducir, Ishizuka Tatsumaro (en) Traducir, Natsume Mikamaro (en) Traducir, Nagase Masaki (en) Traducir, Yokoi Chiaki (en) Traducir, Uematsu Arinobu (en) Traducir, Hoashi Chōshū (en) Traducir, Tanaka Ōhide (en) Traducir, Motoori Haruniwa (en) Traducir e Motoori Ōhira Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMotoori Haruniwa Editar o valor en Wikidata
ParentesMotoori Ōhira, Adopción Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Motoori Norinaga (xaponés: 本居宣長), nado en Matsusaka (provincia de Ise) o 21 de xuño do 1730 e finado na mesma localidade o 5 de novembro do 1801, foi un erudito xaponés do período Edo.[1][2] É o máis coñecido e destacado dos membros da escola kokugaku.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Norinaga naceu en Matsusaka, na provincia de Ise (actual prefectura de Mie).[2] Foi o segundo fillo dos Ozu, unha familia de comerciantes locais.[2] Tras o pasamento do seu irmán máis vello, Norinaga converteuse en herdeiro. No 1748, foi adoptado polos Imaida, que o devolveron dous anos despois.

Por suxestión da súa nai, aos vinte e dous anos trasladouse a Kyoto a estudar medicina, aínda que tamén se familiarizou coa filoloxía chinesa e xaponesa, baixo a tutela do neoconfucianista Hori Keizan.[1][2] Nesta época, comeza a interesarse polos clásicos xaponeses, e decide entrar no campo do kokugaku baixo a influencia de Ogyū Sorai e Keichū. Debido aos cambios sufridos polo idioma nipón, os antigos clásicos eran difíciles de entender, polo que os textos requerían dunha análise filolóxica para ser comprendidos adecuadamente.[2]

Tras regresar a Matsusaka, abriu un consultorio médico para nenos.[2] Como doutor, adoptou o nome dun dos seus devanceiros samurai, Motoori. No seu tempo libre, estudaba obras clásicas coma o Genji monogatari ou o Nihon shoki.[2] Aos vinte e sete anos, adquiriu varios libros de Kamo no Mabuchi, afondando aínda máis nos estudos do kokugaku.

Arredor do 1763, Norinaga coñeceu a Mabuchi en persoa cando este viaxaba cara ao santuario de Ise.[2] Esta reunión é coñecida como "a noite de Matsusaka". Norinaga aproveitou a visita para que Mabuchi revisase as súas anotacións ao Kojiki. Mabuchi suxeríu que se centrase primeiro no Man'yōshū para habituarse aos antigos kana, coñecidos como man'yōgana.[2] Esta sería a única reunión entre ambos estudosos, aínda que continuarían a relacionarse por correspondencia.[2]

A pesar de que foi historicamente recoñecido polo seu labor filolóxico, traballou coma doutor durante corenta anos, até a súa morte no 1801. Entre os seus discípulos, destacan Ishizuka Tatsumaro, Nagase Masaki, Natsume Mikamaro, Takahashi Mikiakira e o seu propio fillo, Motoori Haruniwa, así como o seu fillo adoptivo, Motoori Ōhira.

Varios volumes do Kojiki-den (1798)
Varios volumes do Kojiki-den (1798)

Entre os seus libros máis importantes, destacan o Kojiki-den, un longo comentario e análise do Kojiki elaborado durante 35 anos, e as súas anotacións ao Genji monogatari.[1][2][3] Norinaga criticou a Ogyū Sorai pola súa adoración das ensinanzas e a civilización chinesas, a pesar da influencia que Sorai tivo na súa propia metodoloxía filolóxica.[4]

Os eruditos da época tiñan unha preferencia pola grandeza da poesía do Man'yōshū, considerada unha obra masculina, fronte á covardía e feminidade do Genji monogatari. Norinaga enalteceu a posición do Genji monogatari, analizado a través do concepto de mono no aware, unha peculiar sensiblidade da mágoa no sufrimento, que consideraba parte da esencia da literatura xaponesa.[1][2]

No seu propio labor como poeta e teórico da literatura, Norinaga emprega este concepto de mono no aware xunto con outros tres: koe 声 ("voz"), aya 綾 ("patrón") e sugata 姿 ("forma").[5] Segundo Norinaga, os escritores expresan o son das palabras (koe) mediante a escrita (aya) para darlles unha forma poética (sugata), co obxectivo de conmover ao lector e transmitirlle esa sensación melancólica e profunda (mono no aware).[5]

Norinaga fixo contribucións vitais ao estudo do xaponés antigo, establecendo unha tradición gramatical e filolóxica para a lingua nipoa.[2] En particular, destacan o seu estudo dos clíticos, as partículas e mais os verbos auxiliares.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Motoori Norinaga - Kokugaku scholar, National Learning, Edo period - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-18. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 López Vera, Jonathan (2014). "Motoori Norinaga y los Kokugaku, sospechosos habituales". Kokoro: Revista para la difusión de la cultura japonesa (15): 10–21. ISSN 2171-4959. 
  3. 3,0 3,1 Burns, Susan (2007-04-19). "The Kokugaku (Native Studies) School". 
  4. Flueckiger, Peter (2010-10-19). Imagining Harmony: Poetry, Empathy, and Community in Mid-Tokugawa Confucianism and Nativism (en inglés). Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-7639-4. 
  5. 5,0 5,1 Marra, Michael F. (2007-04-30). The Poetics of Motoori Norinaga: A Hermeneutical Journey (en inglés). University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-3078-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]