Moucho de Atenea
O moucho de Atenea é unha manifestación da mitoloxía grega, na que un Moucho (Athene noctua) acompaña ou representa á deusa Atenea. Debido a esta asociación o moucho utilízase na cultura occidental coma símbolo de coñecemento, sabenza e perspicacia.
Mundo clásico
[editar | editar a fonte]Grecia
[editar | editar a fonte]O epíteto homérico máis común para Atenea, glaucopis ("γλαυκῶπις")[1] comparte a súa raíz coa do nome grego do moucho glaux (γλαύξ)[2] e adoita traducirse por ‘de ollos brillantes’ combinación de γλαύκος glaukos (‘brillante’, ‘prateado’, e posteriormente ‘azul’ ou ‘gris’) e ὤψ ôps (‘ollo’, ou ás veces ‘face’), aínda que Thompson sinala no seu glosario a escuridade do termo,[3] e albisca que pode referirse á lúa.
A identificación do moucho coa deusa foi probablemente motivada pola orixe arcaica de Atenea coma deusa da noite,[3] sendo o moucho a ave nocturna máis frecuente na Europa mediterránea.
A imaxe do moucho foi extensamente reproducida polos atenienses nas súas cerámicas e moedas, converténdose o paxaro en insignia da cidade. No reverso da Tetradracma ateniense figuraban un moucho, un ramo de oliveira e unha lúa, xunto coa inscrición "ΑΘΕ".
Roma
[editar | editar a fonte]Correspondéndose coa deusa grega Atenea, a deusa Minerva na mitoloxía romana tamén foi representada na compaña do seu paxaro sagrado, o moucho de Minerva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ γλαυκῶπις, Liddell & Scott
- ↑ γλαύξ, Liddell & Scott
- ↑ 3,0 3,1 Thompson, D'Arcy Wentworth. A glossary of Greek birds. Oxford, Clarendon Press 1895, p 46.