Mulatu Teshome
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1957 (67 anos) Arjo, Etiopía (pt) |
Presidente de Etiopía | |
6 de outubro de 2013 – 25 de outubro de 2018 ← Girma Wolde-Giorgis – Sahle-Work Zewde → | |
Ambassador of Ethiopia to Japan (en) | |
1992 – 1994 | |
Member of the House of Federation of Ethiopia (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa etíope |
Educación | Universidade de Beijing |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | Organização Democrática Popular de Oromo (pt) Frente Democrática Revolucionária do Povo Etíope (pt) |
Mulatu Teshome Wirtu (en ge'ez: ሙላቱ ተሾመ ውርቱ), nado en 1957,[1] é un político etíope que foi Presidente de Etiopía dende o 7 de outubro de 2013 até o 25 de outubro de 2018.[2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mulatu naceu na vila de Arjo, na provincia de Welega.[5] Educouse na China, obtendo o seu título en filosofía de política económica e o seu doutoramento en dereito internacional pola Universidade de Pequín.[5] Fixo un mestrado en dereito e diplomacia na Escola de Dereito e Diplomacia Fletcher da Universidade Tufts en 1990. Ensinou nalgunhas "universidades e institucións estranxeiras", segundo Abadula Gemeda.
A mediados da década de 1990 foi viceministro de cooperación e desenvolvemento económico baixo o ministro Girma Birru, e foi nomeado ministro de agricultura en 2001.[6] Tamén foi voceiro da Casa da Federación dende 2002 a 2005.[6] Exerceu como embaixador de Etiopía na China, no Xapón, Turquía,[3][4][7] e Acerbaixán.[8]
Mentres servía como embaixador de Turquía, foi elixido como Presidente de Etiopía por un voto parlamentario unánime[4] o 7 de outubro de 2013. Girma Seifu de Unidade pola Democracia e a Xustiza, o único membro da oposición no parlamento, felicitou a súa elección.[4] Como os seus predecesores Girma Wolde-Giorgis e Negasso Gidada, el é membro do pobo oromo.[3][9]
Mulatu ten un fillo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.hawassaonline.com (ed.). "Dr Mulatu Teshome Ethiopian Biography". Consultado o 25 de novembro de 2018.
- ↑ "Ethiopia lawmakers to appoint new president". The East African (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Ethiopia parliament elects Mulatu Teshome as new president". Rappler. AFP. 7 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Kussa, Mulugeta (7 de outubro de 2013). "Dr. Mulatu Teshome elected new President of Ethiopia". Ertagov.com (Ethiopian Radio and Television Agency). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Wei, Wang (7 de outubro de 2013). "Ethiopia Elects New President". Xinhua. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 "Ethiopia: Fine Line". Addis Fortune. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ "Sezer meets Ethiopian ambassador". Hurriyet Daily News. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ "Ilham Aliyev accepted the credentials of the Ambassador of Ethiopia to Azerbaijan, Mr. Mulatu Teshome". president.az. Consultado o 1 de decembro de 2011.
- ↑ Awramba Times, ed. (7 de outubro de 2013). "Ethiopia Elects Dr. Mulatu Teshome as president". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ Teklu, Dagnachew (7 de outubro de 2013). "Mulatu Teshome Elected As Ethiopia's New President". Tadias. Consultado o 7 de outubro de 2013.