Mundo Deportivo
Mundo Deportivo | |
---|---|
Fundación | 1906 |
Editorial | Grupo Godó |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Barcelona |
ISSN | 2014-0548 |
Na rede | |
https://www.mundodeportivo.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Mundo Deportivo é un xornal deportivo catalán editado en lingua castelá en Barcelona polo Grupo Godó (grupo ao que tamén pertence o xornal La Vanguardia). O seu director delegado é o xornalista Santi Nolla e o director xerente, Óscar Rodríguez.[1] Céntrase principalmente en informar acerca da actualidade futbolística, e en especial a do FC Barcelona.
Características
[editar | editar a fonte]É o diario deportivo máis antigo de España e o segundo de Europa; ten máis de 366.000 lectores exclusivos en España, dos cales máis de 220.000 en Cataluña. Ofrece, ademais da información polideportiva, un especial seguimento ao Atlético de Madrid (Mundo Atlético) e ao deporte vasco, especialmente ao Athletic Club (Mundo Deportivo Bizkaia) e á Real Sociedad (Mundo Deportivo Gipuzkoa).
A principios de xullo de 1999 presentou un novo deseño no seu formato: cunha edición máis colorida, máis páxinas, mellores fotos, unha nova cabeceira e cambio de nome, pasando a omitir o artigo 'El' na súa denominación.[2] No ano 2006 celebrou o seu centenario, organizando varios actos nos que participaron grandes deportistas (como Ronaldinho e Pelé) e grandes autoridades de España como os Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.
Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a Jean Bouin de Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina web do Grupo Godó". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 07 de abril de 2010.
- ↑ Anuncio do cambio de formato. Mundo Deportivo (hemeroteca en Internet), 5 de xullo de 1999.