Saltar ao contido

Nakajima B5N

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima B5N
B5N "Kate"
Tipotorpedeiro embarcado
FabricanteNakajima
Primeiro vooxaneiro de 1937
Introducido1939
Retirado1945
Principais usuariosServizo Aéreo da Armada Imperial Xaponesa
Produción1937 - 1944
Unidades construídas1 149
VariantesNakajima B6N

O Nakajima B5N foi un bombardeiro lixeiro e torpedeiro xaponés da segunda guerra mundial. Deseñouse en 1936 e o seu prototipo voou por primeira vez en xaneiro de 1937. Fabricáronse 1.149 unidades ata 1943 cando rematou a súa produción ao quedar obsoleto. Foi famoso pola súa participación no ataque a Pearl Harbour. Despois de 1943 moitos foron usados en tarefas antibuque e antisubmarino. Os aliados alcumárono "Kate".

Cando comezou a guerra contra os Estados Unidos o "Kate" era o mellor torpedeiro embarcado do mundo e durante os meses seguintes afundiría tres portaavións estadounidenses e apoiaría todos os desembarcos anfibios do Xapón. Porén cara ao ano 1944 era un avión obsoleto debido aos novos avances tecnolóxicos.

A pesar de se usar principalmente embarcado, tamén se utilizou como bombardeiro con base en terra. A tripulación do B5N estaba formada por tres homes: piloto, navegador/bombardeiro/observador e operador de radio/artilleiro.

Variantes

[editar | editar a fonte]
  • Tipo K: prototipo
  • B5N1: primeiro modelo de produción
  • B5N1-K: versión mellorada
  • B5N2: conversión do B5N1 para avión de adestramento avanzado