Naruhito
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Naruhito (en xaponés 徳仁, pronunciado: /na'ɺ̠ɯçito/), nado en Toquio o 23 de febreiro de 1960, cuxo nome completo é Hiro-non-miya Naruhito Shinno, é o emperador do Xapón desde o 1 de maio de 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naruhito naceu no Palacio de Tsugo. Segundo o horóscopo chinés é A rata. Desde o seu nacemento ensinóuselle cal ía ser o seu papel nun futuro. foi o único herdeiro ao trono nipón que recibiu unha educación tan esmerada e tan global. Foi educado no Palacio Tsugo baixo estritos preceptores. Coa súa maioría de idade, os emperadores enviárono a estudar a Gran Bretaña na Universidade de Oxford onde defendeu a súa tese sobre o Transporte marítimo no río Támese no século XVIII. Ao volver ao Xapón matriculouse na Universidade de Gakushuin, obtendo a titulación de Historia e especializándose en Historia Medieval do Xapón. Ademais tamén coñece á perfección, separadamente do xaponés, o inglés, o chinés, o alemán e algo de español.
Naruhito, desde ceda idade, representou ao seu pai en numerosas ocasións. Na época de estudante, viaxou polo mundo enteiro e sempre quixo coñecer costumes e modos de vida que se afastaban das pautas seguidas no Xapón milenario. Con todo, á hora de vivir na súa terra e cos seus, asumiu á perfección os diversos ritos entre os que viven os seus concidadáns. En 2013, no marco dunha visita institucional a España, visitou Santiago de Compostela e percorreu un anaco do Camiño de Santiago[1].
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Cando chegou o momento de elixir esposa, Naruhito elixiu a dedo a Masako Owada, con quen se casaría o 9 de xuño de 1993 mediante o rito xintoísta; as celebracións polo enlace duraron tres días. Aínda que elixiu á súa esposa entre unha serie de mulleres nunha lista, el declarou que está completamente namorado dela. O 31 de decembro de 1999, a princesa Masako Owada sufriu un aborto.
- Aiko, nada o 1 de decembro de 2001.
O feito de que sexa unha nena, levantou un forte debate nacional sobre o cambio da Lei de Sucesión ao Trono, xa que no Xapón as mulleres non poden reinar. Este feito, polo que parece, sumiu a Masako Owada nunha profunda depresión, engadindo tamén o estrito protocolo da Casa Imperial.
Títulos
[editar | editar a fonte]- 23 de febreiro de 1960 – 23 de febreiro de 1991: Súa Alteza Imperial o Príncipe Hiro.
- 23 de febreiro de 1991 – 30 de abril de 2019: Súa Alteza Imperial o Príncipe Herdeiro do Xapón.
- 1 de maio de 2019 – presente: Súa Maxestade o Emperador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Visita de Naruhito a Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2013.