Saltar ao contido

Natalia Ginzburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNatalia Ginzburg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Natalia Levi Editar o valor en Wikidata
14 de xullo de 1916 Editar o valor en Wikidata
Palermo (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Roma (Italia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio comunal monumental Campo Verano Editar o valor en Wikidata
Deputado da República Italiana
25 de xuño de 1987 – 8 de outubro de 1991
Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
8 de xullo de 1983 – 1 de xullo de 1987
Lexislatura: 9th Legislature of Italy (en) Traducir
Editora literaria Editora Einaudi (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, política, dramaturga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEditora Einaudi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Italiano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e teatro Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAlessandra Tornimparte Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaLevi-Tanzi family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGabriele Baldini (1950–1969)
Leone Ginzburg (1938–1944) Editar o valor en Wikidata
FillosCarlo Ginzburg
 () Leone Ginzburg
Andrea Ginzburg Editar o valor en Wikidata
PaiGiuseppe Levi Editar o valor en Wikidata
IrmánsGino Levi Martinoli Editar o valor en Wikidata
ParentesLisa Ginzburg, son's daughter Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLegislature Precedenti (en) Traducir
Obálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.191–192) >>>:Ginzburg, Natalia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0320187 BNE: XX1126654 Musicbrainz: dd681ec2-e4eb-40b5-a0dc-f0d10aaf5037 Discogs: 5757556 Find a Grave: 93257492 Editar o valor en Wikidata
Natalia e o seu primeiro marido, Leone Ginzburg.

Natalia Levi, coñecida como Natalia Ginzburg, nada en Palermo o 14 de xullo de 1916 e finada en Roma, o 7 de outubro de 1991, foi unha escritora e política italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Palermo no seo dunha familia acomodada de orixe triestino, filla de Giuseppe Levi, librepensador de familia xudía, e Lidia Tanzi, muller de educación católica. Boa parte da súa vida pasouna en Turín, onde o seu pai, profesor universitario de anatomía, foi trasladado en 1919, cando ela tiña tres anos. Tanto o seu pai como os seus tíos foron apresados e procesados polas súas ideas antifascistas. Tivo unha formación laica, pois os seus proxenitores non eran practicantes. O ensino medio fíxoo no instituto Alfieri.

En 1933 publicou o seu primeiro conto, I bambini, na revista Solaria.

Cinco anos máis tarde casou con Leone Ginzburg, un intelectual antifascista de orixe rusa e profesor de literatura rusa que en 1934 e 1936 estivera no cárcere polas súas ideas. O apelido de Leone orixina que sexa Natalia sexa coñecida polo apelido Ginzburg. O matrimonio relaciónase cos intelectuais antifascistas turineses, especialmente cos relacionados coa editorial Einaudi, que Leone Ginzburg axudou a fundar en 1933. Manterán grande amizade con Cesar Pavese e con Carlo Levi, entre outros.

A causa do desterro ao que o goberno de Mussolini someteu o marido, o matrimonio mudouse en 1940 a Pizzoli, un pobo dos Abruzos, onde permanecería até 1943. Ambos terían tres fillos: Carlo (Turín, 15 de abril de 1939), futuro famoso historiador; Andrea (Turín, 9 de abril de 1940) e Alessandra (Pizzoli, 20 de marzo de 1943).

Co pseudónimo de Alessandra Tornimparte publicou en 1942 a súa primeira novela, La strada che va in città, que reeditará en 1945 xa coa súa firma definitiva, Natalia Ginzburg.

Despois do comezo da deportación sistemática dos xudeus, e tras varias vicisitudes, o seu marido foi detido e torturado até a morte no cárcere romano de Regina Coeli, en 1944.

Pouco despois da súa liberación ese mesmo ano, Natalia Ginzburg chega en outubro a Roma, onde comeza a traballar en Einaudi, editorial de Turín onde publicará as súas novelas e coa que terá lazos amigables e de asesoramento ao longo de toda a súa vida. No outono do ano seguinte regresou a Turín, onde xa retornaran os seus pais e os seus fillos, que durante os meses da ocupación alemá se refuxiaron na Toscana.

En 1947 aparece a súa segunda novela, È stato così, coa que gaña o premio Tempo. Trátase dun libro desesperado, violento e cheo de tristeza. A tristeza combinarase nas súas obras posteriores cunha orixinal comicidade.

Casa en 1950 co profesor universitario Gabriele Baldini, especialista en literatura inglesa que foi director do Instituto Italiano de Cultura en Londres. O matrimonio terá dous fillos: Susanna (4 de setembro de 1954–15 de xullo de 2002) e Antonio (6 de xaneiro de 1959–3 de marzo de 1960).

En 1952 publica Tutti i nostri ieri; cinco anos máis tarde saen o libro de contos Valentino (premio Viareggio) e a novela Sagittario; e en 1961 lanza a súa novela Le voci della sera, que en 2003 será levada ao cine polo español Salvador García Ruiz co título Las voces de la noche.

Natalia Levi gaña en 1963 o prestixioso premio Strega con Léxico familiar, Novela autobiográfica coa que conseguiu tamén grandes cifras de vendas. Ese mesmo ano fixo o seu único papel no cine, na película de Pier Paolo Pasolini O Evanxeo segundo San Mateo, na que interpretou a María de Betania.

En 1969 morre o seu segundo marido. Ela continúa coa súa escritura, cada vez máis interesada no microcosmos das relacións familiares: Caro Michele (1973), Famiglia (1977), a novela epistolar La città e la casa (1984) e a inclasificable e extensa La famiglia Manzoni (1983), sobre a esfera doméstica do grande escritor italiano.

Ao mesmo tempo, despois da morte de Baldini e como a maioría dos intelectuais de esquerda italianos daquela época, Natalia Ginzburg comeza a participar cada vez máis en política e en 1983 é elixida deputada do Parlamento polo Partido Comunista Italiano. Numerosas polémicas cívicas, algunhas recollidas nos seus ensaios, puido canalizalas a través das súas intervencións no Parlamento durante os seus últimos anos.

Tamén destacou nos campos da comedia teatral (onde destacan Ti ho sposato per allegria, 1970; ou Paese dei mare, 1972) e a tradución (as máis celebradas son as que realizou dos franceses (Marcel Proust, Gustave Flaubert e Maupassant).

Morreu en Roma a noite de 6 ao 7 de outubro de 1991.

  • Cinque romanzi brevi, Collana Supercoralli, Turín, Einaudi, 1964 (contén: La strada che va in città; È stato così; Valentino; Sagittario; Le voci della sera); co título Cinque romanzi brevi e altri racconti, Prólogo de Cesare Garboli, Collana ET, Einaudi, 1993; Collana ET Scrittori, Einaudi, 2005.
  • Opere 1, I Meridiani Mondadori, Milán 1986 (contén: La strada che va in città, È stato così, Racconti brevi, Valentino, Tutti i nostri ieri, Sagittario, Le voci della sera, Le piccole virtù, Lessico Famigliare, Commedie)
  • Opere 2, I Meridiani Mondadori, Milán 1987 (Mai devi domandarmi, Paese di mare, Caro Michele, Vita immaginaria, La famiglia Manzoni, Scritti sparsi, La città e la casa, Famiglia)

Novelas e relatos

[editar | editar a fonte]
  • La strada che va in città, como Alessandra Tornimparte, Turín, Einaudi, 1942
  • La strada che va in città e altri racconti, Roma, Einaudi, 1945
  • È stato così, Turín, Einaudi, 1947
  • Tutti i nostri ieri, Turín, Einaudi, 1952
  • Valentino, Turín, Einaudi, 1957
  • Sagittario, Turín, Einaudi, 1957
  • Le voci della sera, Turín, Einaudi, 1961
  • Lessico famigliare, Turín, Einaudi, 1963. Traducido ao galego como Léxico familiar, por María Alonso Seisdedos, Edicións Laiovento, 2022.
  • Caro Michele, Milán, Mondadori, 1973; Turín, Einaudi, 1995
  • Famiglia, Turín, Einaudi, 1977
  • La famiglia Manzoni, Turín, Einaudi, 1983
  • La città e la casa, Turín, Einaudi, 1984

Ensaio e memorias

[editar | editar a fonte]
  • Marcel Proust, poeta della memoria, en Giansiro Ferrata e Natalia Ginzburg, Romanzi del '900, I, Turín, Edizioni radio italiana, 1956.
  • Le piccole virtù, Einaudi, Turín 1962 (nova ed. 2005 editado por Domenico Scarpa)
  • Mai devi domandarmi, Garzanti, Milán 1970; entón Einaudi, Turín, 1989, desde 2002 cunha introdución de Cesare Garboli (recolle principalmente artigos publicados en La Stampa nos anos 1968-1970, con algúns escritos inéditos)
  • Vita immaginaria, Mondadori, Milán 1974 (recolle artigos publicados en La Stampa e en Corriere della sera negli anni 1969-1974, con un inédito)
  • Serena Cruz o la vera giustizia, Einaudi, Torino, 1990,
  • È difficile parlare di sé. Conversazione a più voci condotta da Marino Sinibaldi, por Cesare Garboli e Lisa Ginzburg, Einaudi, Torino 1999 (contén unha entrevista autobiográfica emitida en Radio 3 na primavera de 1991)
  • Non possiamo saperlo. Saggi 1973-1990, por Domenico Scarpa, Einaudi, Turín 2001 (recolle escritos sobre literatura e cinema, memorias de amigos que desapareceran, pronunciamentos sobre cuestións morais, intervencións políticas e unha Autobiografia in terza persona)
  • Un'assenza. Racconti, memorie, cronache 1933-1988, en Domenico Scarpa, Einaudi, Turín 2016 (contén, entre outras cousas, algunhas reportaxes xornalísticas, a poesía Memoria e o Discorso sulle donne)
  • Ti ho sposato per allegria, Turín, Einaudi, 1966.
  • Ti ho sposato per allegria e altre commedie, Turín, Einaudi, 1968 [contén: Ti ho sposato per allegria; L'inserzione; Fragola e panna; La segretaria]
  • Paese di mare e altre commedie, Milán, Garzanti, 1971 [contén: Dialogo; Paese di mare; La porta sbagliata; La parrucca]
  • Teatro, Turín, Einaudi, 1990 [contén os textos da colección Paese di mare e altre commedie precedido por L'intervista e La poltrona]
  • Tutto il teatro, por Domenico Scarpa, Turín, Einaudi, 2005. [contén os textos das coleccións Ti ho sposato per allegria e altre commedie e Teatro, seguido de Il cormorano]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Vercors, Il silenzio del mare, Einaudi, Roma, 1945
  • Marcel Proust, La strada di Swann, Einaudi, Turín 1946; ed. revisada e corrixida na Edizione Pléiade, Einaudi, 1991
  • Gustave Flaubert, La signora Bovary, Einaudi, Turín , 1983
  • Molyda Szymusiak, Il racconto di Peuw, bambina cambogiana, Einaudi, Turín , 1986
  • Sirkku Talja, Non mi dimenticare, Bollati Boringhieri, Turín , 1988

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Ti ho sposato per allegria (1967), dir. Luciano Salce; int. Monica Vitti, Giorgio Albertazzi, Michel Bardinet e Maria Grazia Buccella
  • Teresa (L'inserzione) (1970), ad. Michel Arnaud; dir. Gérard Vergez; int. Suzanne Flon e Anne Doat; versión telefilme (1971): dir. Oscar Fritz Schuh; int. Ruth Niehaus, Marion Michael e Nino Korda
  • Caro Michele (1976), ad. Suso Cecchi D'Amico e Tonino Guerra; dir. Mario Monicelli; int. Mariangela Melato, Delphine Seyrig, Aurore Clément e Alfonso Gatto
  • Valentino, versión telefilme (1980), dir. Marizio Ponzi
  • La mère (A nai) (1995), dir. Caroline Bottaro
  • Las voces de la noche (As voces da noite) (2003), dir. Salvador García Ruiz; int. Laia Marull, Tristán Ulloa e Vicky Peña
  • N. Ginzburg, È difficile parlare di sé, Einaudi, 1999, entrevista con M. Sinibaldi
  • C. Gumpert, La hermana pequeña: N. Ginzburg, en Turia, 42, 1997
  • Entrevista e bibliografía en Reales e imaginarios. Diálogos, Cuatro.ediciones, 2010, ISBN 978-84-933199-5-3

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]