Saltar ao contido

Naypyidaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNaypyidaw
နေပြည်တော် (my) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 19°44′51″N 96°06′54″L / 19.7475, 96.115
EstadoMyanmar
Union territory of Myanmar (en) TraducirTerritório da União de Naypyidaw (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.160.242 (2014) Editar o valor en Wikidata (164,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.054,37 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude115 m Editar o valor en Wikidata
Creación2005 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMyo Aung (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+6:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico067 Editar o valor en Wikidata

Naypyidaw ou Nay Pyi Taw (en birmano: ) é a capital de Myanmar. Situada na vila de Kyatpyae, no municipio de Pyinmana, na división de Mandalay. O seu nome significa "Cidade real" ou "Asento de reis" e o seu nome foi anunciado durante o transcurso do Día das Forzas Armadas celebrado en marzo de 2006, data considerada como a inaugural da cidade. A capital administrativa de Birmania foi oficialmente trasladada a Naypyidaw o día 6 de novembro de 2005 por decisión da xunta militar. cando se inaugurou contaba apenas 100.000 habitantes, cunha maioría de birmanos, e con minorías de chineses e indios, viven nunha área de 2.700 quilómetros cadrados, deixando unha densidade de 2,7 habitantes por km². Ten estradas de ata 20 carrís e o seu orzamento roldaba os 4.000 millóns de euros. O que máis destaca na cidade é o distrito administrativo, con máis de 30 edificios oficiais. A relixión maioritaria dos habitantes é o budismo cunha minoría de cristiáns.

Localización

[editar | editar a fonte]

A súa localización, nun campo a uns 3 quilómetros ao oeste da cidade de Pyinmana e a uns 320 quilómetros ao norte da antiga capital, Rangún, foi debido a que alí se atopaba un importante campo de adestramento para os soldados e oficiais do Exército Independente Birmano que se enfrontou primeiro aos británicos, e onde logo instalou o xeneral Aung San o seu cuartel xeral, que logrou a vitoria fronte ás tropas xaponesas durante a súa ocupación do país durante a segunda guerra mundial. Pyinmana converteuse nunha icona para o exército birmano, xa que foi o lugar onde os birmanos lograron derrotar a exércitos invasores superiores.

A cidade atópase aproximadamente no centro do país, nun nó ferroviario e centro de comunicacións próximo aos estados de Shan, Chin e Karen, asegurando unha presenza militar continua preto das rexións máis conflitivas. Outra das vantaxes que presenta a nova localización é a súa situación afastada de Rangún, cidade conxestionada debido á súa gran poboación e que facía imposible a ampliación dos edificios gobernamentais. Segundo manifestou a oposición birmana ao réxime militar do país, a razón principal foi afastar a cidade da costa para protexela dunha posible invasión estranxeira liderada polos Estados Unidos.

O actual goberno militar do país empezou o traslado dos ministerios desde Rangún a Naypyidaw o 6 de novembro de 2005. Cinco días máis tarde, o 11 de novembro, ás once da mañá, un segundo convoi de 1100 camións militares, que transportaban once batallóns e once ministerios deixaban Rangún en dirección á nova capital. A repetición do número 11 é debido ás observacións dos astros do astrólogo persoal de Than Shwe. Esperábase que a maioría dos ministerios estivesen na cidade cara ao final de febreiro de 2006. Con todo, debido á falta de escolas e outras infraestruturas, os funcionarios foron trasladados á cidade e separados das súas familias ata que a cidade dispuxese das infraestruturas necesarias. Ao leste da cidade atópase un complexo fortificado, onde reside o líder de Birmania, o xeneral Than Shwe. Os cuarteis xerais do exército están situados nun recinto separado dos ministerios, e os cidadáns teñen prohibido o entrar na zona militar. Os comerciantes e vendedores teñen restrinxida a súa área de traballo a unha zona próxima ás oficinas gobernamentais.

O 27 de marzo de 2006, máis de 12000 soldados desfilaron na nova capital no que foi o seu primeiro acontecemento público; un desfile multitudinario o Día das Forzas Armadas no día que se conmemoraba o aniversario da liberación do país da ocupación xaponesa. A toma de imaxes foi restrinxida ao lugar do desfile, tras o que se puido apreciar a silueta de tres enormes estatuas que representan aos reis birmanos Anawrahta, Bayinnaung e Alaungpaya U Aung Zeya, os tres reis máis importantes da historia do país.

En novembro de 2006, realizouse a cerimonia inaugural da construción dun gran complexo relixioso na nova capital, moi similar a Shwedagon en Rangún. O complexo estará coroado cun pagode de 98 metros, a mesma altura que a de Shwedagon, e deberá ser visible desde a maior parte da cidade.

O xornalista indio, Siddharth Varadarajan, quen visitou a cidade en xaneiro de 2007, describiu a inmensidade da nova capital como "o máximo seguro contra un cambio de réxime, unha obra mestra do urbanismo deseñado para derrotar calquera suposta revolución colorista - non mediante tanques e canóns de auga, senón por medio da xeometría e a cartografía".

Debido ás protestas antigobernamentais en Birmania de 2007, a ONU enviou a un enviado especial para avaliar a situación. O 30 de setembro de 2007 o enviado reuniuse co xefe da xunta militar birmana en Naypyidaw e posteriormente trasladouse a Rangún, onde se reuniu coa líder opositora Aung San Suu Kyi.

O 23 de maio de 2008 o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon converteuse no primeiro dignitario estranxeiro que visito a nova capital da Birmania no escenario da crise humana desatada tras o paso do ciclón Nargis no país, conseguindo por parte do número un da Xunta militar, o xeneralísimo Than Swe, "o compromiso de permitir a entrada de todos os traballadores humanitarios, sexa cal for a súa nacionalidade", así como a aceptación por parte do réxime de que o aeroporto de Rangún fose utilizado como plataforma internacional para a distribución da axuda.