Nick Anderson
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1968 (56 anos) Chicago, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Simeon Career Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1989 - 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 25 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Orlando Magic | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nelison "Nick" Anderson, nado o 20 de xaneiro de 1968 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou como profesional na NBA na década dos 90. Con 1,98 metros de altura, xogaba na posición de escolta. A maior parte da súa carreira discorreu nos Orlando Magic.
Carreira
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Estudou e xogou durante dous anos na Universidade de Illinois, onde fixo uns bos números de 17,3 puntos e 7 rebotes por partido. En 1989 declarouse elixible para o Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido na primeira rolda do Draft de 1989 polos Orlando Magic no posto undécimo. Os Magic, un equipo de recente creación, comezaban a formar un excelente cadro de xogadores, xa que, á incorporación de Anderson, habería que engadir en anos posteriores as de Shaquille O'Neal e Anfernee Hardaway. A conexión entre o tres funcionou á perfección, levando ao equipo a disputar a súa primeira final da NBA en 1995.
Dous feitos notables, un positivo e outro negativo, ocorreron nos play-offs dese ano para Anderson. O primeiro ocorreu no primeiro partido da semifinal da Conferencia Leste, que lles enfrontaba aos Chicago Bulls. Faltando 20 segundos e perdendo por un punto, Anderson roubou o balón a Michael Jordan, anotando a canastra da vitoria. Ao final os Magic gañaron a eliminatoria por 4 a 2. Plantáronse na final, despois de gañar aos Indiana Pacers en 7 partidos, contra os Houston Rockets. E, no primeiro partido da final, ocorreu un feito que marcaría a súa carreira: a poucos segundos do final, Anderson fallou 3 tiros libres consecutivos, cando o seu equipo gañaba de 3 puntos. No seguinte ataque, Kenny Smith anotaría unha tripla, levando o partido á prórroga, e facéndose finalmente coa vitoria o equipo de Texas, e finalmente, o seu segundo campionato consecutivo. Tanto marcou este feito a Anderson, que desenvolveu un pánico excesivo á liña de tiros libres, tanto que na seguinte tempada fixo tan só un 40% de acerto, algo moi pouco usual nun xogador profesional.
En 1999 foi traspasado a Sacramento Kings, onde aínda mantivo o tipo na súa primeira tempada na costa Oeste, pero veuse abaixo na segunda por mor das lesións. Foi traspasado a Memphis Grizzlies no verán de 2001, onde apenas puido xogar 15 partidos, acabando por retirarse do baloncesto en activo. Nas súas 13 tempadas na elite fixo 14,4 puntos e 5,1 rebotes por partido.
Equipos
[editar | editar a fonte]Logros persoais
[editar | editar a fonte]- É o xogador que máis partidos e minutos disputou cos Magic (602 e 22.440 respectivamente), ademais de ser o que máis puntos conseguiu (10.650), roubos fixo (1.004) e maior número de lanzamentos anotados (4.075).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil histórico en nba.com
- Estatísticas de Nick Anderson Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic
- Escoltas de baloncesto
- Nados en 1968
- Nados en Chicago, Illinois
- Estadounidenses de ascendencia africana