Saltar ao contido

Norbert Elias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNorbert Elias

(1987) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1897 Editar o valor en Wikidata
Wrocław, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestgaarde (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg
Universidade de Breslau
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata
Director de teseRichard Hönigswald Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e socioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leicester Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, filósofo, musicólogo, profesor universitario, sociólogo, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Bochum (pt) Traducir
Universidade de Bielefeld (pt) Traducir
London School of Economics
Universidade de Leicester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresKarl Mannheim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Elias, Norbert, 1897-1990, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1056636

Norbert Elias, nado en Breslau o 22 de xuño de 1897 e finado en Ámsterdam o 1 de agosto de 1990, foi un sociólogo británico-alemán de ascendencia xudía, cun traballo que se centrou na relación entre poder, comportamento, emoción e coñecemento. Deu forma á chamada «socioloxía figuracional». Foi pouco coñecido no campo académico ata a década de 1970, cando foi "redescuberto". O seu traballo dunha socioloxía histórica, pode explicar estruturas sociais complexas sen menoscabo de axencias individuais.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1930 e 1933 traballou como asistente de Karl Mannheim en Frankfurt, no mesmo edificio en que traballaban Adorno e Horkheimer. Debido ao anterior, existe algunha confusión en relación á influencia que puido exercer a Escola de Frankfurt no pensamento de Elias.

Trala chegada do nazismo a principios de 1933, o Institulo Sociolóxico de Mannheim viuse obrigado a pechar. A tese de habilitación xa presentada titulada Der höfische Mensch ("O home da Corte") nunca se aceptou formalmente e non foi publicada ata 1969. En Alemaña, participou activamente no Movemento Sionista Alemán. En 1933 Elias fuxiu a París. Os seus pais, anciáns, quedan en Breslau, onde o seu pai morreu en 1940; o 30 de agosto de 1942 a súa nai foi deportada a Theresienstadt, e o 29 de setembro transferida e asasinada en Treblinka.[2]

Cara ao final da segunda guerra mundial, traballou para a intelixencia británica. Tamén deu clases nocturnas para a Workers' Educational Association e posteriormente clases de socioloxía, psicoloxía e historia económica na Universidade de Leicester. En colaboración cun amigo dos tempos de Frankfurt, o psicanalista S. H. Foulkes, estableceu os fundamentos teóricos do Group Analysis, importante escola de terapia, e cofundou a Group Analytic Society en 1952. Formouse e traballou como terapeuta de grupo. O 22 de febreiro de 1952 nacionalizouse británico.[3]

Elias impartiu clases en universidades de Inglaterra, Ghana, Alemaña e os Países Baixos; entre os seus alumnos estivo o sociólogo inglés Anthony Giddens, mais o seu principal herdeiro foi Eric Dunning. Escribiu tamén obras poéticas e narrativas entre as que se encontra A balada do Xacob pobre, inspirada nunha experiencia real de persecución e desprezo, a súa. Dalgunha maneira, a "deconstrución" que o seu pensamento supón para as lóxicas modernas (naturalizadas socialmente) ten que ver coa experiencia; do mesmo xeito que Hannah Arendt, preguntouse polas bases da humanidade.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Elias expón que para o pensamento cotián o individuo é consciente de si mesmo como alguén situado fronte a outros, entendéndoos como "obxectos". A nosa linguaxe e os nosos conceptos están configurados como se fosen externos á persoa individual e tivesen carácter de obxectos, como se tivesen unha existencia propia, máis aló da acción do individuo. Este tende a ver as figuras sociais (tales como o barrio, a escola, a familia) fóra desta representación, cosifícaas tratándoas de persoas cando non o son. Xerándose así que o individuo tenda a verse separado da sociedade, á cal considera unha cousa con vida propia e natural. Isto pon de manifesto como concibe a sociedade e como reflexiona sobre ela naturalizándoa.[4]

A súa obra máis coñecida é The Civilising Process ("O proceso da civilización", 1939), traballo en que fixo unha análise da evolución das sociedades europeas dende a época medieval e guerreira ata o proxecto moderno e ilustrado. Reflexiona sobre o carácter do público e o privado, a represión, os tabús e a cultura dende un modelo que traballa unha tríada entre Karl Marx, Sigmund Freud e Max Weber. Divídese en dous capítulos, que termina nunha sorte de psicanálise do vello mundo.[5] Varios dos seus traballos sobre o desexo e a represión, de maneira historiográfica, anuncian en parte o traballo que posteriormente realizou Michel Foucault.

O mundo social é unha rede

[editar | editar a fonte]

O problema que expón Elias é a relación individuo-sociedade e os comportamentos que forman parte de cada un.[6] Expón que a socioloxía debe facer unha reelaboración de conceptos e terminoloxías para lograr unha representación máis axustada da realidade, xa que esta é necesaria. Esta "revolución copernicana" que a socioloxía debe levar a cabo é a de crebar esa imaxe egocéntrica e suplantala por unha visión de individuos interdependentes, terminar coa fachada de conceptos cosificadores que non permiten que as persoas teñan unha clara comprensión da súa propia vida social e que expoñen que a sociedade está composta de figuras externas ao eu, ao individualismo singular que esta simultaneamente rodeado pola sociedade e separado dela por unha barreira invisible.

Expón substituír esta visión por unha na que non somos cousas senón individuos ligados uns aos outros do mundo máis diverso constituíndo armazóns de interdependencia con fins e intencións recíprocas. É dicir unha "descosificación".[4]

Presión social e cosificación

[editar | editar a fonte]

Esta revolución implica un cambio de perspectiva onde debemos superar puntos de vista naturalizados, solidificados no tempo e recoñecernos como parte do mundo social, superando así o pensamento de sentido común. É necesario recoñecer a presión que exercen sobre nós "as figuras sociais" que consideramos representacións.

Esta presión explícase automaticamente porque confire ás figuras sociais unha "existencia", unha obxectividade, fóra e alén dos individuos que a constitúen. Esta cosificación das figuras sociais conduce a unha "metafísica das figuras sociais", onde tendemos a deshumanizalas, algo que en última instancia provén da experiencia que os individuos foron acumulando da súa relación coa natureza.

Nas sociedades premodernas, explica Elias, había un predominio do pensamento antropomórfico animista onde se interpretaban e explicaban os acontecementos naturais como continuidade e proxección "do humano", que logo, co avance científico, foi substituído por explicacións realistas procurando establecer causas e efectos sobre o mundo natural.

Para Elias a tarefa da socioloxía é "emancipar", para o que é necesario recoñecer que as coaccións sociais son coaccións que o home exerce sobre si mesmo e hai que dar conta dos feitos sociais e liberar as ataduras dos modelos estáticos que expoñen unha naturalización como no caso da linguaxe que "naturaliza o social" o cosifica como se a realidade fose algo alleo ao falante, cando en realidade este está delimitado por unha condición sociohistórica e non un modelo da ciencia natural, xa que isto se nos quere facer crer para que non nos cuestionemos as cousas e que as tomemos como naturais, debemos liberarnos destas ataduras e desenvolver a terminoloxía que máis se axuste ás figuracións sociais, xa que só así poderemos acceder a un pensamento máis axustado á realidade.[6]

  • 1939: Über den Prozeß der Zivilisation. Soziogenetische und psychogenetische Untersuchungen. Basilea: Verlag Haus zum Falken.
  • 1965 (con John L. Scotson): The Established and the Outsiders. A Sociological Enquiry into Community Problems, Londres: Frank Cass.
  • 1969: Die höfische Gesellschaft. Untersuchungen zur Soziologie des Königtums und der höfischen Aristokratie (baseado na súa habilitación de 1933). Neuwied/Berlín: Luchterhand.
  • 1970: Was ist Soziologie?. Múnic: Juventa.
  • 1982: Über die Einsamkeit der Sterbenden in unseren Tagen, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1982 (ed. con Herminio Martins e Richard Whitley): Scientific Establishments and Hierarchies. Sociology of the Sciences Yearbook 1982, Dordrecht: Reidel.
  • 1983: Engagement und Distanzierung. Arbeiten zur Wissenssoziologie I, ed. por Michael Schröter, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1984: Über die Zeit. Arbeiten zur Wissenssoziologie II, ed. por Michael Schröter, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1985: Humana conditio. Betrachtungen zur Entwicklung der Menschheit am 40. Jahrestag eines Kriegsendes (8. Mai 1985), Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1986 (con Eric Dunning): Quest for Excitement. Sport and Leisure in the Civilizing Process. Oxford: Blackwell.
  • 1987: Die Gesellschaft der Individuen, ed. por Michael Schröter, Frankfurt am Main: Suhrkamp. (Orixinal de 1939).
  • 1987: Los der Menschen. Gedichte, Nachdichtungen, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1989: Studien über die Deutschen. Machtkämpfe und Habitusentwicklung im 19. und 20. Jahrhundert, ed. por Michael Schröter, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1990: Über sich selbst, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1991: Mozart. Zur Soziologie eines Genies, ed. por Michael Schröter, Frankfurt am Main: Suhrkamp.
  • 1991: The Symbol Theory. Londres: Sage.
  • 1996: Die Ballade vom armen Jakob, Frankfurt am Main: Insel Verlag (drama).
  • 1998: Watteaus Pilgerfahrt zur Insel der Liebe, Weitra (Austria): Bibliothek der Provinz.
  • 1999: Zeugen des Jahrhunderts. Norbert Elias im Gespräch mit Hans-Christian Huf, ed. por Wolfgang Homering, Berlín: Ullstein. (Entrevista).
  • 2002: Frühschriften. Frankfurt am Main: Suhrkamp. (Primeiros escritos).
  • 2004: Gedichte und Sprüche. Frankfurt am Main: Suhrkamp. (Poemas).
  1. Zabludovsky, Gina, Norbert Elias y los problemas actuales de la sociología, Fondo de Cultura Económica, México 2007.
  2. Adrian Jitschin, 'Family background of Norbert Elias', Figurations #39 (agosto de 2013) 5-7
  3. National Archives
  4. 4,0 4,1 Elias, Norbert (15 de outubro de 2010). Sociología fundamental (en castelán). GEDISA. ISBN 9788497845953. Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  5. García Martínez, Alejandro N., El proceso de civilización en la sociología de Norbert Elias, EUNSA, Pamplona 2006.
  6. 6,0 6,1 Romero Moñivas, Jesús, Los fundamentos de la sociología de Norbert Elias, Tirant lo Blanch, Valencia 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leyva, G. (coord.), Norbert Elias: legado y perspectivas, Universidad Iberoamericana, México 2002.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]