Nova Escocia
Nova Scotia (en) Nouvelle-Écosse (fr) Alba Nuadh (gd) | |||||
Lema | «Munit Haec et Altera Vincit» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Escocia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | Halifax | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Cumberland (pt) Condado de Digby (pt) Condado de Halifax (Nova Escócia) (pt) Condado de Victoria (pt) Condado de Yarmouth (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 969.383 (2021) (17,53 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 55.283 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico, Baía de Fundy, Golfo de San Lourenzo e Estreito de Northumberland (pt) | ||||
Punto máis alto | White Hill (en) (535 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1867 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | parliamentary system (en) | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Nova Scotia (en) | ||||
• Premier of Nova Scotia (en) | Tim Houston (en) (2021–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | General Assembly of Nova Scotia (en) , | ||||
PIB nominal | 46.849.000.000 $ (2020) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | B | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CA-NS | ||||
Páxina web | novascotia.ca | ||||
Nova Escocia[1] (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[2] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.
A economía de Nova Escocia estivo tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes diversificouse. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.
A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terra Nova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Canada's population Arquivado 04 de novembro de 2008 en Wayback Machine.. Statistics Canada. Consultado o 28 de setembro de 2006.