Nunchaku
O nunchaku (en xaponés: ヌンチャク nunchaku; en chinés: 雙節棍 shuāng jié gùn, 兩節棍 liǎng jié gùn, ou 二節棍 èr jié gùn) é unha das armas tradicionais das artes marciais asiáticas formada basicamente por dous paus curtos, xeralmente de entre 30 e 60 cm unidos nos seus extremos por unha corda ou cadea. O nunchaku é principalmente usado en accións de golpeo e bloqueo; con todo pode ser usado como complemento a varias técnicas de varridos, atrape, desarmamentos, luxación e estrangulamento.
Con lixeiras variacións na súa forma, tamén é empregado nas artes marciais filipinas co nome de tabak-toyok. A propia técnica de Bruce Lee cos nunchakus foi aprendida do seu alumno, e mestre destas artes, Dan Inosanto.[1]
O sansetsukon (三節棍 sān jié gùn, de orixe chinesa) é unha arma similar ao nunchaku, pero con tres varas no canto de dous.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The fighting weapons of filipino martial arts by Jay de Leon - World Black Belt Online". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nunchaku |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prol-Nunchaku. Sitio alemán sobre nunchakus cun mapa de Europa que mostra a lexislación sobre nunchakus en diferentes países da UE, (en alemán e inglés).
- Seibukan de Venezuela
- Poland Nunchaku Association PNA, (en polaco e inglés).