Saltar ao contido

O2 Arena (Praga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O2 Arena
Vista xeral
Datos
Coordenadas50°06′15″N 14°29′37″L / 50.104167, 14.493611
LocalizaciónOcelářská 460/2, 190 00Praga 9 -
Libeň República Checa República Checa
Outros nomesSazka Arena
Construción
Inauguración27 de marzo de 2004[1]
Custo347
Estadio
Capacidade18.000 espectadores (concertos)
17.360 espectadores (hóckey sobre xeo)
16.805 espectadores (baloncesto)
PropietarioBestsport
OperadoraBestsport
LocalíaHC Slavia Praha (Extraliga dende o 2004
HC Lev Praha (KHL ocasionalmente)
Webhttps://www.o2arena.cz/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O O2 Arena, antes chamado Sazka Arena, é un pavillón multiúsos da cidade de Praga (República Checa). Foi construído para acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2004. No 2006 acolleu a Final Four da Euroliga de baloncesto. Dende o 2004 é o estadio local do HC Slavia Praha, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Extraliga Checa, e ocasionalmente dende do HC Lev Praha equipo de hóckey sobre xeo que compite na Kontinental Hockey League (KHL).

A idea de construír un novo estadio en Praga tivo lugar pouco despois da "época dourada" do hóckey sobre xeo, gañando tres medallas de ouro consecutivas. A construción do estadio foi proposta para albergar o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2003, mais debido a complicacións cos investidores, a federación de hóckey sobre xeo tivo que trasladar a sede do campionato a Finlandia. Sazka a.s. (unha casa de apostas checa) converteuse no principal patrocinador do estadio.

A construción do estadio (que comezou en 2002) contou con algúns contratempos, mais finalmente rematouse a tempo para a tempada 2004, acollendo ese ano o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo.[2]

En marzo de 2008, o edificio foi renomeado O2 Arena.[3] En outubro dese mesmo ano, os New York Rangers e os Tampa Bay Lightning comezaron a Tempada 2008-09 da NHL no O2 Arena con dous partidos. Ao mes seguinte, o pioneiro da música electrónica francesa Jean Michel Jarre levou o seu álbum Oxygène ao estadio como parte da segunda etapa do Oxygène 30th anniversary tour. En decembro do 2008, o estadio albergou os partidos do play-off do Campionato do Mundo de floorball masculino 2008, incluíndo a final na que Finlandia derrotou por 7 a 6 a Suecia.

Sting levou o seu Symphonicities Tour o 22 de setembro de 2010 xunto coa Royal Philharmonic Orchestra.

A principios de outubro de 2010, os equipos da National Hockey League Boston Bruins e Phoenix Coyotes xogaron dous partidos back-to-back no estadio para comezar as súas respectivas tempadas regulares na Tempada 2010-11 da NHL.

En novembro do 2010 Lady Gaga actuou no estadio durante o seu Monster Ball Tour.

En marzo de 2011, Sazka declarouse insolvente debido ás débedas pola construción do novo estadio. [4][5]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Número de andares: 6
  • Superficie de cada andar: 35,000 m²
  • Capacidade: 18,000 espectadores de pé (depende do evento)
  • Club e Asientos de luxo: 2,460
  • Skyboxes: 66
  • Salóns de festa: 4
  • Prazas nos bares, restaurantes e cafeterías: 2,900
  • Estacionamentos: 280 prazas
  • Poboación da súa zona de influencia: 1.5 a 1.8 millóns de persoas

O O2 Arena é facilmente accesible, podéndose chegar en transporte público na estación de metro de "Českomoravská", na liña B, paradas de tranvía e paradas de autobús; a estación de tren "Praha Libeň" tamén está moi preto do estadio.

Concertos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]