Odvar Nordli
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Odvar Nordli, nado o 3 de novembro de 1927, e finado o 9 de xaneiro de 2018, foi un político noruegués do Partido dos Traballadores Noruegueses. Foi Primeiro Ministro de Noruega entre 1976 e 1981.
Nordli medrou en Tangen en Stange, Hedmark. Despois da segunda guerra mundial serviu na brigada norueguesa, parte das forzas aliadas que ocupaban a Alemaña de posguerra. Despois de licenciarse traballou como auditor financeiro. Foi tenente de alcalde de Stange desde 1951 ata 1963. Electo ao Parlamento noruegués pola circunscrición de Hedmark en 1961, e relixido en cinco ocasións.
Nordli entrou no gabinete en 1971, como ministro de Administración Local no primeiro goberno Bratteli cesando ao ano seguinte. Nordli converteuse en Primeiro Ministro en 1976, sucendo ao segundo goberno Bratteli. Nordli tivo que afrontar casos difíciles como a denominada dobre resolución sobre a OTAN e a controversia sobre a construción dunha central hidroeléctrica no río Alta que crearía un lago artificial que asulagaría unha vila dos saami. O goberno Norldi mantívose ata 1981 trala derrota nas eleccións parlamentarias.
A súa carreira política rematou co posto de Gobernador do Condado de Hedmark no que estivo desde 1981 ata o seu retirada en 1993. Foi tamén membro do Comité Nobel Noruegués de 1985 ata 1993.
Referencia
[editar | editar a fonte]- Stortinget.no - Biografía (noruegués)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |