Olga de Kíiv
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 890 Pskov (Rus de Kíiv) |
Morte | 969 (78/79 anos) Kíiv (Rus de Kíiv) |
Lugar de sepultura | Igreja dos Dízimos (pt) |
Rexente Principado de Kiev (pt) , Estado de Rurik (pt) , Rus de Kíiv | |
Representa: Sviatoslav I de Kíev 945 – 960 | |
Datos persoais | |
Relixión | Paganismo e cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | rexente, Knez |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | July 11 (en) |
Outro | |
Título | Princesa (pt) |
Familia | Dinastía Rurícovich, Krum's dynasty (en) e Kyi dynasty (en) |
Cónxuxe | Ígor de Kíiv (903–945), morte do cónxuxe |
Fillos | Uleb Igorevich, Sviatoslav I de Kíev |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Russian Biographical Dictionary (en) |
Olga (en ruso e ucraíno: Ольга, en nórdico antigo: Helga), tamén coñecida como Santa Olga, nada contra 890 preto de Pskov e finada en Kíiv o 11 de xullo de 969, foi unha muller de orixe varega (viquinga) que casou co futuro Ígor de Kíiv, posibelmente en 903.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Olga naceu contra 890, filla de Gostomisle.[1] Segundo a Crónica de Néstor, na pasaxe "A vida da Santa Princesa Olga", explica que ela nacera na vila de Vybuty (en ruso: Выбуты), na óblast de Pskov, 12 km ao sur da cidade de Pskov, no río Vilikoye, nunha familia de varegos. Segundo algunhas versións, era filla de Oleg de Nóvgorod.[2]
Outra hipótese suxire que Olga nacera en Pliska, Bulgaria, e que o seu pai era o knez (príncipe) Vladímir de Bulgaria. E que por iso lle puxo ao seu primeiro neto Vladímir I o Grande o nome do seu avó.[Cómpre referencia]
Reinado (rexencia)
[editar | editar a fonte]A princesa Olga era a dona de Ígor de Kíiv, que foi asasinado polos drevlianos. Cando a morte do seu marido (945), o seu fillo, Svyatoslav, tiña tres anos, polo que Olga se converteu na rexente da Rus de Kíiv até que o seu fillo chegou á idade adulta (no 969)[3], Sviatoslav I de Kíiv.
Contodo, os drevlianos querían que casase co seu príncipe Mal, para o faceren gobernante da Rus, pero Olga estaba decidida a permanecer no poder e conservalo para o seu fillo.
Os drevlianos enviaron vinte dos seus mellores homes para persuadiren a Olga que casase co seu príncipe e renunciase á súa rexencia da Rus, pero enterrounos vivos. Despois envioulle unha mensaxe ao príncipe Mal dicíndolle que aceptara a proposta, pero que requiría a presenza dos seus homes máis destacados para a acompañaren na viaxe á súa capital co fin de aceptar a oferta de matrimonio. Os drevlianos enviaron os mellores homes que gobernaban as súas terras. Á súa chegada, Olga ofreceulles unha cálida benvida e unha invitación para que se lavasen logo da súa longa viaxe nunha sauna. Cando entraron, pechou as porta e prendeu lume ao edificio, queimándoos vivos.
Libre dos mellores e máis sabios homes, planeou destruír os drevlianos restantes. Invitounos a un banquete funeral para que ela puidese chorar sobre a tumba do seu marido. Após os drevlianos estaren ebrios, os seus soldados mataron máis de 5000 drevlianos. Regresou a Kíiv e preparou un exército para atacar os sobreviventes. Os drevlianos suplicaron clemencia e ofrecéronlle pagar pola súa liberdade con mel e peles. Ela pediu só tres pombas e tres pardais de cada casa, porque non quería cargar os aldeáns máis, tras o asedio.
En 947, a princesa Olga enviou unha expedición punitiva contra as minorías tribais que vivían entre o Luga e o río Msta[4]. A raíz desta exitosa campaña, por orde de Olga erixíronse numerosas fortalezas. Unha delas foi a de Gorodec, na rexión de Luga[5], unha fortificación datada a mediados do século X. Debido a súa situación illada, Gorodec non parece de ningunha maneira asociada co patrón de asentamentos preexistentes. Por outra parte, o forte contén exemplos de marcos de madeira cadrados deseñados para consolidaren a muralla que se viran xa no feudo de Rúrik. A mesma técnica de edificación estaba en uso un século máis tarde nas fortificacións de Nóvgorod.
Olga seguiu sendo a rexente gobernante da Rus de Kíiv co apoio do exército e do pobo. Cambiou o sistema de tributos (poliudie) na primeira reforma legal rexistrada en Europa Oriental. Continuou evadindo as propostas de matrimonio e defendendo a cidade durante o asedio de Kíiv de 968, salvando o trono para o seu fillo.
Relacións co emperador do Sacro Imperio
[editar | editar a fonte]Sete fontes latinas documentan a embaixada que enviou Olga a Otón I do Sacro Imperio Romano Xermánico en 959. Regino de Prüm menciona que os enviados pediran ao Emperador que nomease un bispo e varios sacerdotes e que os enviasr para a súa nación. O cronista acusou os enviados de mentiras, comentando que o seu embuste non se soubera ata máis tarde. Thietmar de Merseburg di que o primeiro arcebispo de Magdeburgo, Santo Adalberto de Magdeburgo, antes de ser promovido a este cargo, foi enviado polo emperador Otón ao país da Rus' (Rusciae) como un simple bispo, pero que foi expulsado por aliados pagáns de Sviatoslav I. Os mesmos datos quedaron corroborados nos anais de Quedlinburg e Hildesheim, entre outros.
Derradeiros anos
[editar | editar a fonte]Durante as prolongadas campañas militares do seu fillo, permaneceu a cargo de Kíiv, onde residía no castelo de Vyshgorod, xunto aos seus netos. Morreu pouco despois do asedio da cidade de Kíiv polos pechenegos (que data do 968), no ano 969[6][7].
Conversión ao cristianismo
[editar | editar a fonte]Olga foi a primeira soberana dos eslavos orientais en converterse ao cristianismo (en 945 ou 957). As cerimonias para a súa recepción formal en Constantinopla aparecen minuciosamente descritas polo emperador Constantino VII na súa obra De Ceremoniis. Tras o seu bautismo, tomou o nome cristián de Helena, na honra da emperatriz reinante Helena Lecapena.
As crónicas edslavónicas adoitan engadir detalles apócrifos sobre o seu bautismo, como a historia de que ela "encantara" e "burlara" a Constantino, e de como rexeitara a súa proposta de matrimonio. Daquela, Olga era unha anciá, e Constantino tiña xa esposa (a citada Helena).
Canonización
[editar | editar a fonte]Olga foi unha das primeiras persoas da Rus en ser proclamada Santa, grazas aos seus esforzos pola propagación do cristianismo no seu país. Venérase na Igrexa ortodoxa e máis na Igrexa católica. Debido á súa influencia proselitista, a Igrexa ortodoxa chama a Santa Olga co título honorífico de Isapóstolos, "Igual que os apóstolos". Porén, non logrou converter o seu fillo Sviatoslav, polo que a tarefa de facer do cristianismo a relixión do Estado a cumpriría o seu neto e pupilo San Vladimiro I de Kíiv.
Predecesor: Ígor |
Princesa da Rus de Kíiv como rexente |
Sucesor: Sviatoslav I |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ von Strahlenberg, Philipp Johann (1738). An Historico-geographical Description of the North and Eastern Parts of Europe and Asia: But More Particularly of Russia, Siberia, and Great Tartary; Both in Their Ancient and Modern State: Together with an Entire New Polyglot-table of the Dialects of 32 Tartarian Nations, and a Vocabulary of... W. Innys and R. Manby, at the West-End of St. Paul's. p. 109.
- ↑ Prominent Russians: Princess Olga of Kiev en Russiapedia. (en inglés)
- ↑ John von Müller. Universal History. Vol. II. Boston, American Stationers company, 1837, p. 213.
- ↑ Lavrent’ievskaia letopis’ (1997:60)
- ↑ Lebedev 1982:225-238; Zalevskaia 1982:49-54
- ↑ extractos da crónica primaria na tradución inglesa Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Universidade de Oregón.
- ↑ Tradución de extractos sobre a Rus' medieval, Universidade de Washington.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olga de Kíiv |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baumgarten, Nicolas de (1939): Aux origines de la Russie. Roma: Edizioni Orientalia Christiana. ISBN 978-88-7210-018-9.
- Chiti, Francesco (2001): Santi dell'antica Russia. Milano: Gribaudi. ISBN 88-7152-647-3.
- Senyk, Sophia (1993): A history of the church in Ukraine. (Orientalia Christiana analecta, nº 243). Roma: Pontificio Istituto orientale. ISBN 978-88-7210-291-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Equiapostólica princesa Santa Olga (en inglés)
- St Olga the Princess of Russia, in Holy Baptism Called Helen en OCA (Orthodox Church in America) (en inglés)
- Sant' Olga di Kiev Granduchessa en Santi, Beati e Testimoni. (en italiano)