Saltar ao contido

OpenCola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ingredientes de OpenCola.

OpenCola é unha bebida de cola na que as instrucións para realizala están dispoñíbeis de balde e con acceso libre e poden ser modificadas. Calquera pode facer a bebida, modificar e mellorar a receita sempre que, ademais, rexistren as súas propias receitas baixo a Licenza de documentación libre de GNU.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Aínda que orixinalmente foi lanzada como unha ferramenta promocional para explicar o software de código aberto, as vendas da bebida continuaron medrando e chegaron a superar as 150.000 latas vendidas. A compañía OpenCola, con sede en Toronto, deuse a coñecer máis pola bebida que polo software que pretendía promover. Laird Brown, o responsábel da estratexia da compañía, atribúe o seu éxito á desconfianza que se estendeu ante as grandes empresas e "patentadores de case todo". A estratexia en 2010 de mercadotecnia deu un xiro e xa non promocionan o refresco na súa páxina web.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]