Orgasmo
Aparencia
O orgasmo é o clímax do pracer sexual.
Proceso e reaccións
[editar | editar a fonte]Antes do orgasmo, sobe a concentración do sangue nos xenitais até un máximo, e durante o clímax danse contraccións dos músculos desta zona do corpo, intre no que se descarga a tensión sexual. Despois ten lugar unha relaxación da rexión xenital e, en moitos casos, de todo o corpo. No caso do home, polo xeral, a exaculación acontece canda o orgasmo.
Á parte das reaccións corporais, o orgasmo faise notar por unha sensación de delirio que case sempre é sentida como pracenteira. Algunhas culturas dividen os orgasmos en niveis que chegan até un estado de éxtase que perdura por un longo lapso de tempo e pode ser acadado por certas prácticas sexuais e prácticas de meditación.