Ostra
Ostra | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ostra | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.
Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.
A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras [1].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo galego ostra provén do latín: ostrĕa. Do galego-portugués pasou ao castelán co mesmo nome[2].
Características
[editar | editar a fonte]As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha cuncha altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores.
As ostras son moluscos filtradores, que succionan a auga co bater de cilios. O plancto e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no moco e son inxeridas. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 10 °C. Estímase que cada ostra filtra ata cinco litros de auga por hora.
Un corazón pequeno con tres cámaras, debaixo do músculo adutor, bombea o sangue, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados na superficie inferior do músculo purifican o sangue de calquera residuo.
As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As gónadas, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os órganos dixestivos. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ostra |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de ostra |
-
Ostra aberta para consumir
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arcade celebra a Festa da Ostra desde 1987. Outra celebración semellante realízase en Noalla (Sanxenxo), que tamén celebra a súa Festa da Ostra, desde 1992.
- ↑ http://lema.rae.es/drae/?val=ostra Etimoloxía e definición do termo ostra no dicionario da RAE