Otto Stern
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1888 Żory, Polonia |
Morte | 17 de agosto de 1969 (81 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Sunset View Cemetery (en) |
Educación | Universidade de Breslau Johanneum Breslau (en) Universidade de Frankfurt |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Hamburgo Universidade de Rostock Universidade Carnegie Mellon Universidade de California, Berkeley ETH Zürich |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Hamburgische Biografie Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Штерн Отто) Enciclopedia soviética armenia |
Otto Stern, nado en Sohrau o 17 de febreiro de 1888 e finado en Berkeley o 17 de agosto de 1969, foi un Físico alemán, nacionalizado estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Stern naceu no seo dunha familia xudía en Sohrau (Żory) daquela parte do Imperio Alemán de Prusia (hoxe en día Polonia).
Estudou na Universidade de Breslau, sendo, posteriormente, profesor na Escola Técnica de Zürich, na Universidade de Frankfurt e na Universidade de Hamburgo. En 1933 dimitiu como profesor nesa universidade, trasladándose aos EUA, onde obtivo o cargo de profesor de investigación de física no Instituto Carnegie de Tecnoloxía (hoxe Universidade Carnegie Mellon) en Pittsburgh, Pensilvania.
Nos seus labores de investigación, calculou o momento magnético do átomo de prata. Tamén, achou para o momento magnético do protón un valor 2,5 veces maior que o predito pola teoría de Paul Dirac.
Foi galardoado en 1943 co premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os feixes moleculares, as propiedades magnéticas dos átomos e o descubrimento do momento magnético do protón nunha serie de experimentos realizados en colaboración con Walther Gerlach coñecidos popularmente como experimento de Stern-Gerlach.