Saltar ao contido

Ouranosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ouranosaurus
Rango fósil: Cretáceo inferior

Esqueleto de Ouranosaurus no Museo Real de Ontario.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Ornithopoda
Xénero: Ouranosaurus
Nome binomial
Ouranosaurus nigeriensis
Taquet, 1976

Ouranosaurus (bér.+ gr. "réptil valente") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro iguanodontiano hadrosauroide, que viviu a mediados do período Cretáceo, hai aproximadamente 110 millóns de anos, no Aptiense, no que hoxe é África. Atopado na Formación Echkar (ou El Rhaz), depósitos de Gadoufaouna, Agadez, Níxer, en 1966 e foi nomeado en 1976 polo paleontólogo francés Philippe Taquet. A especie tipo é Ouranosaurus nigeriensis.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Restauración da cabeza do Ouranosaurus.

Ouranosaurus era un herbívoro, bípede/cuadrúpede que medía uns 7 metros de lonxitude, e un peso de 4 toneladas. Non presentaba dentes na porción frontal das súas mandíbulas pero si un gran peteiro plano máis grande que o de Iguanodon, pero tiña grandes "baterías" de dentes a ambos os dous lados das mandíbulas usados para mastigar as plantas que recollía co seu peteiro. Grandes fazulas musculares evitarían que a comida, follas, froitas e sementes lle caesen da boca.[2]

Cranio do Ouranosaurus

Ouranosaurus tiña a fenestra temporal detrás dos ollos e un longo músculo capiti-mandibularis inserido no proceso corónides da mandíbula. Isto proveulle unha maior área da inserción para os músculos da queixada, permitíndolle unha mordedura máis forte. Un pequeno músculo, o depresor da mandíbula, atópase na parte posterior do cranio.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Malia algunhas semellanzas con Iguanodon como a púa no polgar, Ouranosaurus non está clasificado dentro de Iguanodontidae, como nun principio, un grupo hoxe considerado parafilético. Atópase dentro do clado Hadrosauroidea, que contén ós verdadeiros hadrosáuridos, os "dinosauros peteiro de pato" que abundaron a finais do Cretáceo e ós seus parentes achegados. Ouranosaurus parece ser unha póla temperá especializada neste grupo.

  1. Taquet, P. 1976. "Geologie et paleontologie du gisement de Gadoufaoua (Aptien du Niger)", Cahier Paleont., C.N.R.S. París, 1-191
  2. Palmer, D., ed. (1999). The Marshall Illustrated Encyclopedia of Dinosaurs and Prehistoric Animals. Londres: Marshall Editions. ISBN 1-84028-152-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]