PUMA
PUMA | |
---|---|
Tipo | negocio, Empresa multinacional, empresa tradicional, empresa e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 1 de outubro de 1948 |
Fundador(es) | Rudolf Dassler |
Director/a | Bjørn Gulden |
Nº de empregados | 10.836 (2011) |
Sede | Herzogenaurach |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://eu.puma.com/de/en/home, https://www.puma.com e https://za.puma.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PUMA AG, tamén escrito só Puma, é unha empresa alemá que fabrica accesorios deportivos, roupa e calzado, cuxa sede está en Herzogenaurach, en Baviera, Alemaña.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi fundada en 1948 por Rudolf Dassler. En 1924, Rudolf e o seu irmán Adolf Dassler formaran a empresa Gebrüder Dassler Schuhfabrik (Fábrica de zapatos dos irmáns Dassler) e fabricaron material deportivo para os Xogos Olímpicos de 1936 na Alemaña nazi. A relación entre os dous irmáns deteriorouse até que ambos acordaron separarse en 1948, formando dúas entidades separadas, Adidas e Puma.[3]
Actualmente, a compañía opera baixo unha estrutura virtual que lle permite xestionar todas as divisións do mundo. En 2007, Puma pasou a formar parte do grupo francés Kering, propietario de marcas como Gucci, Yves Saint-Laurent ou Balenciaga. En 2018, Kering cedeu o 70% das accións en circulación da marca, reducindo a súa participación ao 16% do 86,3% que posuía.[4]
Algunhas das lendas do deporte que se equiparon cos produtos da compañía son os futbolistas Pelé, Maradona e Lothar Matthäus, os atletas Tommie Smith, Linford Christie e Usain Bolt, o tenista Boris Becker ou o piloto Lewis Hamilton.[5]
Controversias e posicionamentos sociopolíticos
[editar | editar a fonte]- Asociación co partido nazi: Tanto Rudolf como o seu irmán Adolf, fundador de Adidas, uníronse ao partido nazi. Rudolf foi especialmente activo, incluso uníndose á Gestapo, e produciron botas para a Wehrmacht durante a Segunda guerra mundial.[6]
- Apoio a atletas afroamericanos: Durante os Xogos Olímpicos de 1968, Puma patrocinou aos atletas afroamericanos dos EUA Tommie Smith e John Carlos, que se fixeron famosos por erguer o puño en protesta silenciosa polos dereitos humanos e en apoio ao Black Panther Party, un xesto que Puma non penalizou, e posteriormente reivindicou.[7]
- Apoio a John Akii-Bua: En 1972, nos Xogos Olímpicos de Múnic, Puma proporcionou calzado ao atleta ugandés John Akii-Bua. Despois de ser expulsado de Uganda, Puma empregouno en Alemaña antes de que finalmente regresara ao seu país.[8]
- Controversia sobre o patrocinio israelí: En 2022, Puma enfrontouse a un boicot do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) polo seu patrocinio á Asociación de Fútbol de Israel. A campaña BDS acusou a Puma de complicidade co "réxime colonial e de apartheid israelí" e afirmou que Puma contratou cun distribuidor israelí que opera en asentamentos ilegais na Cisxordania.[9] En 2023 foi acusada de apoiar a colonización de Palestina;[10] en decembro do mesmo ano anunciou que deixaba de patrocinar a selección de Israel.[11]
- Activismo de marca: Inspirada por Tommie Smith, Puma lanzou a plataforma #REFORM para apoiar a activistas do mundos do deporte, a música e o entretemento en causas como a igualdade universal e a reforma da xustiza penal. Tommie Smith serve como 'Capitán Emérito' do #REFORM Team, pola igualdade universal.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Puma reorganiza departamento de Marketing a nível global. Sede passa a ser na Alemanha – Marketeer" (en portugués). 2023-06-19. Consultado o 2023-12-12.
- ↑ Parra, Sergio (2011-12-06). "Herzogenaurach: un pueblo dividido por Adidas y Puma". Xataka Ciencia (en castelán). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ olaizola, borja (2016-05-25). "La increíble historia de los fundadores de Adidas y Puma: hermanos que se odiaban". Ideal (en castelán). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ Press, Europa (2018-05-16). "El grupo Kering se desprende de casi la totalidad de sus acciones de Puma". www.europapress.es. Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "History; PUMA®". about.puma.com (en inglés). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "The Nazi Origins of Adidas and Puma; History of Yesterday". web.archive.org. 2022-09-08. Archived from the original on 08 de setembro de 2022. Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "PUMA CELEBRATES THE ANNIVERSARY OF TOMMIE SMITH'S ICONIC GESTURE AT THE 1968 OLYMPICS; PUMA®". about.puma.com (en inglés). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "John Akii-Bua" (en inglés). 2023-07-02.
- ↑ "Puma (brand)" (en inglés). 2023-12-06.
- ↑ "¿Cómo apoya la marca Puma la colonización de Palestina?". La Izquierda Diario - Red internacional (en castelán). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ Petovel, Pablo (2023-12-12). "Puma abandona la playera de Israel y promete una selección "de alto perfil"". Revista Merca2.0 (en castelán). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "“PUMA’s Brand Activism: Universal Equality, Gender Equality, and Criminal Justice Reform” – Christian Sarkar and Philip Kotler" (en inglés). 2018-10-16. Consultado o 2023-12-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: PUMA |