Saltar ao contido

Pablo Isla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Isla

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Our Lady of Remembrance College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPresidente e CEO de Inditex
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeMaría de la Vega[1] Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1139452 Dialnet: 1986467


Pablo Isla Álvarez de Tejera, nado en Madrid o 22 de xaneiro de 1964,[2] é un empresario español que dirixiu importantes empresas españolas como Altadis ou Inditex, na que se converteu en 2005 en conselleiro delegado.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

É o terceiro dos catro fillos de José María Isla (Monzón - Huesca, 1936) e Carmen Álvarez de Tejera -Menchu- (Ceuta, 1940). O seu pai foi directivo en diversas empresas como Lactaria Española, Luis Mejía, Renfe ou Grupo de Empresas Álvarez. Estudou no Colexio Nuestra Señora del Recuerdo, dos xesuítas.

Licendiouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid en 1987 e, ao ano seguinte, se converteu en avogado do Estado[3] co número un da súa promoción.[4]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

De 1989 até 1991, tivo como destino os servizos xurídicos do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións e representando ao ministerio chegou a ser letrado asesor do Consello de Administración de Retevisión.[4] En 1991, incorporouse á Dirección Xeral do Servizo Xurídico do Estado e foi o delegado que representou a España perante a comisión das Nacións Unidas para a unificación do Dereito Mercantil Internacional.[4]

Tras pedir unha excedencia, no 1992 entra a asesoría xurídica do Banco Popular e, dende o ano seguinte até 1996 foi xefe dos seus servizos xurídicos.[4] En 1996, no primeiro goberno de José María Aznar ocupou o cargo de director xeral de Patrimonio do Estado no Ministerio de Economía, onde permaneceu dous anos. En 1998 retornou ao Banco Popular como Conselleiro Xeral, até que en 2000 asume o cargo de copresidente no grupo tabacaleiro Altadis e tamén da súa filial Logista. En 2002, entrou como conselleiro independente en Telefónica, na que xa fora, anteriormente, conselleiro en representación do estado.[4]

En Inditex

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2005, foi fichado por un "cazatalentos" como conselleiro delegado de Inditex,[5] e trasladouse a Galicia. Posteriormente, en Inditex, foi nomeado vicepresidente primeiro e membro do consello de administración.[6] En xaneiro de 2011, Amancio Ortega anunciou que deixará a presidencia do grupo e que será substituído por Isla.[7] O 30 de novembro de 2021, a compañía anunciou por sorpresa cambios na alta xerencia da empresa na que Marta Ortega, a segunda filla do propietaro, substituiría a Pablo Isla na presidencia a partir de abril de 2022 e, ao mesmo tempo, e de xeito inmediato, Óscar García Maceiras, substituiría a Carlos Crespo como conselleiro delegado.[8]

Baixo o liderado de Isla, Inditex pasou de 2.692 tendas en 2005 a 7.013 tendas a finais de 2015. Neste mesmo período, tamén se lle atribúe o liderado da expansión online da compañía[9] e a implementación dado control das prendas mediante tecnoloxía RFID (radiofrecuencia) e a omnicanalidade.[10]

Tamén se comprometeu a facer que as súas tendas fosen ecosostibles e a que tódalas súas prácticas fosen autosotibles e introducir, nos seus produtos, o algodón orgánico e tecidos ecolóxicos[11] e eliminar gradualmente o uso produtos químicos perigosos para finais de 2020.[12] Isla tamén se comprometeu a adoptar un modelo de tenda ecoeficiente que permita reducir as emisións nun 30 % e o consumo de auga nun 50 % para 2020.[13] En 2021, o grupo tiña 6.600 tendas, e a revalorización bolsista da compañía foi dun 900%, con marca histórica de beneficios (máis de 1.200 millóns de euros no primeiro semestre fiscal) [14]e se converteu na maior compañía española por capitalización bolsista.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Entre 2012 e 2013, Isla apareceu na lista Barron, dos mellores directores executivos do mundo.[15]
  • En 2014, Isla ocupou o posto número 14 da lista dos mellores directores executivos do mundo da revista Harvard Business Review.[16]
  • En 2015, a revista Harvard Business Review clasificou a Isla como o terceiro executivo con máis éxito do mundo.[3][17]
  • En novembro de 2016, entrou na lista "Fortune" dos 50 mellores emprendedores do mundo no número 26, sendo o único españols presente na lista.[18][19]
  • En 2017 e 2018, Isla foi recoñecido como o mellor CEO do mundo, segundo a clasificación elaborada pola publicación "Harvard Business Review".[20][21]
  • En febreiro de 2020 foi considerado un dos mellores empresarios de España segundo o último estudo realizado pola consultora Advice Strategic Consultants. 20 Este mesmo mes, Isla tamén recibiu o premio ao mellor CEO da década da revista Forbes España.[22]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado e ten tres fillos.[5]

  1. Las mujeres de los hombres más poderosos, El Mundo, 10/5/2014.
  2. Redacción (11 de xaneiro de 2011). "Ortega catapulta a Pablo Isla a la presidencia de Inditex". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Jiménez, Miguel (18 de outubro de 2015). "El discreto encanto del jefe". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Redacción (10 de xaneiro de 2011). "Pablo Isla, un amplio currículo para suceder a Amancio Ortega al mando de Inditex". elmundo.es (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Álvarez, Inés (15 de xaneiro de 2017 [actualizado 12 de maio de 2021]). "¿Quién es Pablo Isla?". forbes.es (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  6. Redacción (2021). "Pablo Isla Álvarez de Tejera". businessoffashion.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  7. Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex Arquivado 18 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 10/1/2011.
  8. Muñoz Montijano, Macarena (30 de novembro de 2021). "Inditex Hands Founder’s Daughter Reins in Surprise Shakeup". bloomberg.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  9. Neumann, Jeannette; García, Ana (9 de marzo de 2016). "Zara Parent Inditex Slows Store Expansion as Online Sales Grow". wsj.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  10. López Alonso, Eduardo (30 de novembro de 2021 [actualizado o 1 de decembro de 2021]). "Pablo Isla, artífice del diseño empresarial de Zara durante 17 años". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  11. Dumaine, Brian (24 de xuño de 2014). "Is Apple “greener” than Starbucks?". fortune.com (en inglés). Consultado o 1 decembro de 2021. 
  12. Murray, James (30 de novembro de 2012). "Zara commits to detox after Greenpeace dressing down". greenbiz.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  13. Redacción (29 de outubro de 2015). "Inditex adaptará todas sus tiendas de China al modelo ecoeficiente". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  14. Redacción (30 de novembro de 2021). "Así es la Inditex que Pablo Isla deja a Marta Ortega: más de 6.000 tiendas y una revalorización de casi el 900%". lasexta.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  15. Redacción (27 de marzo de 2012). "Pablo Isla entra en la lista de los 30 mejores consejeros delegados del mundo". cincodias.elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  16. Redacción (novembro de 2014). "The Best-Performing CEOs in the World". hbr.org. Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  17. Redacción (novembro de 2015). "The Best-Performing CEOs in the World". hbr.org (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  18. Redacción (11 de novembro de 2016). "Pablo Isla, el único español en la lista ‘Fortune’ de mejores empresarios". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  19. "Businessperson of the Year 2020". fortune.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  20. Redacción (24 de outubro de 2017). "Pablo Isla, mejor presidente ejecutivo del mundo, según 'Harvard Business Review'". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  21. McGinn, Daniel (1 de novembro de 2018). "The Best-Performing CEOs in the World". hbr.org (en n). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  22. Redacción (21 de febreiro de 2020). "Pablo Isla, presidente de Inditex, recibe el premio de CEO de la década". elespanol.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]