Saltar ao contido

Partido Conservador (Reino Unido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conservative Party
Partido político do Reino Unido
Dirixentes e organización
LíderBoris Johnson[1]
(Presidente)
MocidadesConservative Future
Historia
Fundación1832
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Unionismo británico
Euroescepticismo
Outros datos
Sede30 Millbank, Londres SW1
Na rede
www.conservatives.com
Facebook: conservatives Twitter: Conservatives Instagram: conservatives Youtube: UCXNSyuKeoiHOld1OS3kHuVg Editar o valor en Wikidata

O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. O seu actual líder é David Cameron, quen á súa vez é o 'Leal Líder da Oposición da súa Maxestade a Raíña' e testa do 'Gabinete na sombra'.

O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories, así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.

Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.

O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.

En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]