Saltar ao contido

Partido pola Democracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido pola Democracia
Partido político de Chile
Dirixentes e organización
LíderNatalia Piergentili Domenech[1]
MocidadesJuventud PPD emblema genérico Juventud PPD
Filiación internacionalInternacional Socialista
Alianza Progresista
Historia
Fundación15 de decembro de 1987
Posicións políticas
IdeoloxíaProgresismo[2]
Liberalismo de esquerda
Socioliberalismo
Socialdemocracia
Democracia participativa
Feminismo[3]
Outros datos
SedeSanto Domingo 1828, Santiago de Chile
Na rede
www.ppd.cl
Facebook: PPDChile Twitter: PPD_Chile Instagram: ppd_chile Youtube: UCqgkMa1J8FWcmjuaCKF2V8w Editar o valor en Wikidata

O Partido pola Democracia (en castelán: Partido por la Democracia, PPD) é un partido político chileno socialdemócrata de centroesquerda que se autodefine como democrático, progresista e paritario.[4]

Foi fundado o 15 de decembro de 1987 mediante un acto liderado por Ricardo Lagos, Sergio Bitar e Jorge Schaulsohn no Círculo Español de Santiago.[5] No discurso de constitución, Lagos explicitou que o carácter deste partido era instrumental, xa que buscaba unificar votos para o plebiscito de outubro de 1988, que tiña por obxectivo decidir sobre a continuidade da ditadura militar de Augusto Pinochet, e que o seu principal obxectivo era a reconstrución da reconciliación nacional, polo que se postulaba como un "partido sen fronteiras ideolóxicas".[5] O PPD participou na formación da Concertación de Partidos pola Democracia en 1988, formando parte das sucesivas administracións desta coalición política que gobernaron Chile entre 1990 e 2010.[6]

No ano 2012, o partido uniuse á coalición Por un Chile xusto. A partir de abril de 2013, forma parte da Nova Maioría e como tal, integra o segundo goberno de Michelle Bachelet (2014-2018) en varios postos ministeriais.[6] Dende o 11 de marzo de 2018, toma lugar como oposición no segundo goberno de Sebastián Piñera. A súa organización xuvenil é a Juventud PPD.[6]

  1. "Natalia Piergentili fue elegida como nueva presidenta del PPD en elecciones internas". El Mostrador. 2 de agosto de 2021. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  2. Partido por la Democracia (maio de 2019). "IV Congreso Ideológico & Estratégico PPD" (PDF) (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  3. ""Partido por el feminismo": PPD buscará potenciar a las mujeres para que accedan a más cargos políticos". www.elmostrador.cl. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  4. "Partido por la Democracia. Declaración de Principios 2012" (PDF) (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Partido por la Democracia". Memoria Chilena. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Partidos, movimientos y coaliciones; Partido por la Democracia". Biblioteca do Congreso Nacional de Chile. 2021. Consultado o 18 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]