Pereira brava
Pereira brava | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Pyrus cordata Desv. |
A pereira brava[1] (Pyrus cordata, Desv.) é unha árboriña espiñenta do xénero Pyrus, da familia das rosáceas. O seu froito é coñecido vulgarmente como pero ou periño. Común en Galiza.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A pereira brava pode ter porte de arbusto ou de árbore pequena de até 8 metros. O tronco é xeralmente delgado e máis ben curto, e a copa desta árbore é redondeada. As pólas son espiñentas.
- Follas: as follas son de cor verde escura, aínda que algo máis claras no envés. Son simples (non están divididas) e alternas, e rematan en ángulo agudo no ápice, sendo máis amplas na base o que lles da unha forma ovoide. Ás veces están aserradas, e acadan un tamaño de entre 3 a 5 centímetros.
- Flor: florece na primavera (entre abril e maio). A flor da pereira brava ten un cáliz con cinco sépalos, os cales se manteñen cando o froito xa está formado. A corola é branca, con 5 pétalos. Tamén dispón de moitos estames e un ovario con 5 estilos. As flores son hermafroditas de polinización entógama.
- Froito: o froito é comestible, aínda que de maduro é amargo. Xeralmente son chamados periños[2]. A maduración prodúcese no verán. O froito, que xeralmente é de cor parda ou pardo-amarela, ten forma de pomo e é pequeno xa que acada un talle de entre 1 e 4 centímetros.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Gusta de lugares húmidos, como as beiras de ríos e regatos. Xeralmente na Galiza pódese atopar en fragas caducifolias húmidas xunto a ameneirais. É propia do centro e suroeste de Europa,[3] e en xeral na vertente atlántica, e común en toda Galiza.
Outros usos da planta
[editar | editar a fonte]É comunmente empregada como patrón para cultivar outras especies do xénero Pyrus, xeralmente especies comerciais debido ao aforro de tempo no crecemento da nova árbore que se acada deste xeito. A leña é moi apreciada, especialmente como combustible e polo carbón que produce.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Pyrus cordata foidescrita por Nicaise Augustin Desvaux e publicado en Observations sur les Plantes des Environs d'Angers 152–153, no ano 1818.[4][5]
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pereira brava (homónimos).
Pyrus cordata non é a única especie de pereira que recibe o nome de Pereira brava. Tamén se coñece como pereira brava á emparentada Pyrus piraster [6][7]. No sur de Portugal Pyrus bourgaeana tamén recibe este nome común.[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "pereira brava". TERGAL. Consultado o 23/10/2019.
- ↑ Ficha en RíosGalegos.com
- ↑ "Variedades de peras". Botanical-online (en castelán). 2019-01-19. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Pereira brava en Trópicos
- ↑ Pereira brava en PlantList/
- ↑ Diversos autores ligan o nome común de pereira brava como Pyrus cordata e outros Pyrus piraster, ámbalas dúas especies pódense atopar en Galicia.[Ligazón morta]
- ↑ Listado de variedades de pereiras cos seus nomes científicos (en castelán)
- ↑ "Herbario en aguiar.hvr.utad.pt" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 05 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pereira brava |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pereira brava |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Pyrus, o xénero que acolle todas as especies de pereiras.
- A pereira común, especie cultivada.
- A pera, froito das pereiras.