Saltar ao contido

Petroquímica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Planta petroquímica en Arabia Saudita.

A petroquímica[1] é a ciencia e a técnica correspondente á petroleoquímica, a materia relativa á industria que utiliza o petróleo ou o gas natural como materias primas para a obtención de produtos químicos.

Características

[editar | editar a fonte]

Petroquímica é a extracción de calquera substancia química a partir de combustibles fósiles. Estes inclúen combustibles fósiles purificados como o metano, o propano, o butano, a gasolina, o queroseno, o gasóleo, o combustible de aviación, así como pesticidas, herbicidas, fertilizantes e outros artigos como os plásticos, o asfalto ou as fibras sintéticas.

A petroquímica é a industria adicada a obter derivados químicos do petróleo dos gases asociados. Os produtos petroquímicos inclúen todas as substancias químicas que de aí se derivan. A industria petroquímica moderna data de finais do século XIX. A maior parte dos produtos petroquímicos fabrícanse a partir dun número relativamente pequeno de hidrocarburos, entre eles o metano, o etano, o propano, o butano e os aromáticos que derivan do benceno.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para petroquímica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]