Picnose
Aparencia
A picnose (do grego pyknono, que significa "engrosar, pechar ou condensar") ou cariopicnose é a condensación irreversible da cromatina no núcleo dunha célula que está sufrindo necrose[1] ou apoptose.[2] Vai seguida da cariorrexe, ou fragmentación do núcleo. A picnose tamén se observa na maduración dos eritrocitos e nos neutrófilos. O metarrubricito en maduración (un estadio da maduración dos eritrocitos) condensa o seu núcleo antes de expulsalo da célula e converterse nun reticulocito. O neutrófilo en maduración condensa o seu núcleo en varios lóbulos conectados que permanecen na célula ata o final da vida da célula.
Na zona reticular da glándula adrenal poden verse a miúdo núcleos picnóticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kumar V, Abbas A, Nelson F, Mitchell R. (2007). "Robbins Basic Pathology". Robbins Basic Pathology (8th ed.): 6, 9–10 (table 1–1).
- ↑ Kroemer G, Galluzzi L, Vandenabeele P; et al. (January 2009). "Classification of cell death: recommendations of the Nomenclature Committee on Cell Death 2009". Cell Death Differ. 16 (1): 3–11. PMC 2744427. PMID 18846107. doi:10.1038/cdd.2008.150.