Piri Reis
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Nome orixinal | (ota) پیری رئیس |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ota) احمد مُحییالدین پیری c. 1470 Galípoli (Imperio Otomán) |
Morte | 1554 (83/84 anos) O Cairo (Imperio Otomán) |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Cartografía e xeografía |
Ocupación | xeógrafo, oficial, cartógrafo, almirante |
Interesado en | Cartografía |
Carreira militar | |
Rama militar | Marinha Otomana (pt) |
Rango militar | almirante (1547–) |
Conflito | Batalha de Zonchio (pt) Battle of Modon (en) Guerra Otomano-Mameluca (pt) Batalha de Rodes (pt) Capture of Aden (en) toma de Mascate |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Bilim ve Teknik (en) , (p.42-45) >>>:Bilim Tarihçisi Gözüyle Piri Reis, , lang: lingua turca |
Piri Reis ou Pīrī Re’īs, anteriormente Hājjī Mehmet, nado en Gallípoli, na actual Turquía, no ano 1465 e decapitado en Exipto en 1554, foi un almirante, mariño e cartógrafo turco otomán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Discípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os mamelucos de Exipto (1523).
Sitiou Xibraltar por ordes do sultán otomán pero terminou aceptando un suborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa maior obra foi o Kitab-i Bahriye ("Libro das Materias Mariñas"), un atlas náutico que contén o famoso Mapa de Piri Reis, dedicado ó sultán Solimán o Magnífico en 1525, recuperado en 1929 e conservado na actualidade no Museo Topkapı Sarayı, no Palacio de Topkapi en Istambul.
Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Suramérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.