Pobo dinka
Pobo dinka | |
---|---|
Rapaza dinka nunha fotografía de finais do século XIX. | |
Poboación | |
Poboación total: 4,5 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
Sudán do Sur | c 3 000 000 |
Sudán | c 1 500 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua dinka |
Relixión | Cristianismo, islam e relixión tradicional africana |
Grupos relacionados | Nuer e outros pobos nilóticos |
Os dinkas[2] son un grupo étnico que habita na rexión de Bahr el Ghazal, na conca do río Nilo, en Jonglei, no Sudán do Sur, e en partes das rexións de Kurdufan e o Alto Nilo no Sudán. Os dinkas son un pobo agrícola e gandeiro, que pastorea nos campos dos ríos na estación seca e cultiva paínzo e outras variedades de gran na estación chuviosa. O seu número rolda os 4,5 millóns de persoas segundo o censo de 2008 do Sudán, representando o 18% da poboación[3] antes da independencia do Sudán do Sur, e sendo o meirande grupo étnico do novo país. Os dinkas, ou como se chaman a si mesmos muonyjang (singular) e jieng (plural), constitúen unha das pólas dos pobos nilóticos, que inclúen os nuer e os luo).[4] Os dinkas son recoñecibles pola súa estatura, e xunto cos tutsis de Ruanda, están considerados o pobo máis alto de África.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dinka". Encyclopedia Brittanica. Encyclopedia Brittanica. Consultado o 30 de xuño de 2017.
- ↑ Digalego.xunta.gal/ (ed.). "Dinka en Digalego.xunta.gal". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ Ancient Historical Society Virtual Museum, 2010
- ↑ Seligman, C. G.; Seligman, Brenda Z. (1965). Pagan Tribes of the Nilotic Sudan. Londres: Routledge & Kegan Paul.
- ↑ In and Out of Focus: Images from Central Africa 1885-1960 (ed.). "The Tutsi". National Museum of African Art, Smithsonian Institution.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo dinka |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garang de Mabior, John (xuño de 2011). The Undiscovered Stories About Man Behind South Sudanese' Freedom. ISBN 978-0-9837134-1-8.
- Stubbs, J. M.; Morison, C. G. T. (1940). Sudan Notes and Records XXI, ed. The Western Dinkas: Their Land and Their Agriculture. pp. 251–266.