Pobo rusino
Os rusinos (en rusino: Русины, Rusiny), tamén chamados rusníacos (en rusino: Руснацы, Rusnatsy), rutenos ou carpatorrutenos (exónimo arcaico), son un grupo étnico eslavo oriental que fala unha lingua eslava coñecida como lingua rutena ou rusino.
Os rusinos modernos descenden dunha minoría rutena que non adoptou a identidade étnica ucraína no século XX. Algúns gobernos prohiron a utilización do termo rusino como, a partir de 1945 na Transcarpatia soviética e Polonia e, na década de 1950 en Checoslovaquia.[1]
Hoxe en día, Eslovaquia, Polonia, Hungría, a República Checa, Serbia e Croacia recoñecen oficialmente aos rusinos como unha minoría étnica.[2] En 2007 recoñeceuse aos rusinos como pertencentes a unha etnia separada en Ucraína por parte do Consello Rexional de Zakarpatia. Os rusinos de Ucraína teñen a cidadanía ucraína, e a maioría adoptaron a identidade étnica ucraína. A maioría das persoas que se autoidentifican como rusinos étnicos viven fóra de Ucraína.
Dos 1,2 millóns de persoas de orixe rusina,[1] só 55 000 se identificaron política ou etnicamente como rusos, de acordo cos censos contemporáneos. A clasificación étnica dos rusinos, porén, é controvertida, xa que os estudosos contemporáneos o reclaman por separado como un grupo étnico eslavo oriental distinto dos rusos, ucraínos e belarusos.[3][4][5] A maioría dos expertos ucraínos, así como algúns rusinos ao autoidentificarse, consideran aos rusinos un subgrupo étnico do pobo ucraíno.[6][7] Porén, estudosos lemkos discuten ese argumento.[8]
Os termos rusino, rusniaco, lisaco (Лишацi, lishatsi) ou lemko son considerados nomes históricos locais, sinónimos dos ucraínos carpáticos. En cambio, outros sosteñen que os termos lemko ou rusniaco son meras variacións rexionais para os rusinos.[1]
Localización
[editar | editar a fonte]Até mediados do século XIX, os ucraínos étnicos chamábanse a si mesmos «rusinos» (en ucraníno: Русини, rusini). Este termo segue utilizándose hoxe en día, e encóntrase nas cancións populares de Ucraína. A partir de entón, o etnónimo ucraínos empezou a extenderse por razóns políticas para substituír o etnónimo rusino, ao inicio na Ucraína Slobodá (Ucraína Libre), nas beiras do río Dniéper, para logo propagarse cara ao oeste no primeiro terzo do século XX.
Hoxe, un grupo minoritario segue identificándose co etnónimo rusino. Trátase principalmente de habitantes da rexión montañosa transcarpática (no oeste de Ucraína) e áreas adxacentes en Eslovaquia, que a usan para diferenciarse dos ucraínos que viven nas rexións centrais de Ucraína. Despois de ter evitado o etnónimo de ucraínos, os rusinos afirman unha identidade local e étnica separadaa. O seu carácter distintivo como unha nacionalidade, porén, está en disputa.
Os rusinos que se identifican como tales teñen tradicionalmente orxe ou tiañan antepasados procedentes dos Cárpatos orientais, rexión a miúdo denominada «Rutenia carpática» ou «subcarpática». Hai comunidades rutenas asentadas na chaira panónica, en partes da actual Serbia (sobre todo na provincia norte de Voivodina), así como na actual Croacia (na rexión de Eslavonia). Tamén migraron e establecéronse na cidade de Prnjavor, ao norte da actual Bosnia e Hercegovina. Estas migracións foron favorecidas polo Imperio Austrohúngaro para repoboar esas zonas tras a retirada delas do Imperio Otomán.
Moitos rusinos emigraron aos Estados Unidos, Canadá e Australia. Coa chegada das comunicacións modernas como Internet, puideron volver a conectarse como unha comunidade. Xorden preocupacións con respecto á preservación do seu legado único étnico e cultural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Magocsi, Paul Robert (1995). "The Rusyn Question". Political Thought 2–3 (6): 221–231.
- ↑ Ukraine’s ethnic minority seeks independence. RT
- ↑ Ivan Pop: Encyclopedia of Subcarpathian Ruthenia(Encyclopedija Podkarpatskoj Rusi). Uzhhorod, 2000. With support from Carpatho-Russian ethnic research center in the USA ISBN 0-9720-1175-3-4.
- ↑ Paul Robert Magocsi, Encyclopedia of Rusyn History and Culture . University of Toronto Press, xuño de 2002. ISBN 978-0-8020-3566-0
- ↑ Tom Trier (1998), Inter-Ethnic Relations in Transcarpathian Ukraine
- ↑ Wilson, Andrew (2000): The Ukrainians: Unexpected Nation, New Haven: Yale University Press. ISBN 0-3000.8355-6.
- ↑ Taras Kuzio (2005): "The Rusyn Question in Ukraine: Sorting Out Fact from Fiction" Arquivado 27 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Canadian Review of Studies in Nationalism, XXXII
- ↑ Trochanowski, Piotr (14 de xaneiro de 1992). "Lemkowszczyzna przebudzona" [Lemkivshchyna Awakened]. Gazeta Wyborcza (Krakowski dodatek), (en polaco) (Cracow). p. 2.