Saltar ao contido

Pobos papúas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobos papúas
Sing-sing, reunión de diferentes tribos na provincia de Enga.
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea-
Indonesia2 693 630 (censo de 2010)[1]
Timor Leste-
Aspectos culturais
LinguaLinguas papúas
Linguas trans-neoguineanas
Lingua indonesia
RelixiónCristianismo, islam e animismo
Grupos
relacionados
Aborixes australianos e melanesios e insulares do estreito de Torres

Os papúas[2] son un conxunto de pobos indíxenas da illa de Nova Guinea e as illas veciñas, que falan as diferentes linguas papúas. Diferéncianse lingüística e etnicamente dos austronesios, que son falantes dunha familia lingüística introducida en Nova Guinea hai trescentos anos.

Linguas papúas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Linguas papúas.
Área onde se falan as diferentes linguas papúas, autóctonas da rexión e cuxa presenza se remonta a milenios antes da chegada dos pobos austronesios.

O gran número de grupos étnicos distinguibles na illa de Nova Guinea e os arquipélagos adxacentes reflíctese na gran diversidade lingüística desta rexión xeográfica. Dende comezos do século XX, antropólogos e lingüistas traballaron para documentar as linguas papúas, clasificalas e reconstruír a súa historia pasada. O traballo conxunto de antropólogos e lingüistas permitiu aclarar a etnoxénese dos pobos de Nova Guinea e os arquipélagos achegados.

Xenética

[editar | editar a fonte]
Veleiro papúa.

Nun estudo de 2005 sobre variacións do xene ASPM, Mekel-Bobrov et al. descubriron que os pobos papúas teñen a taxa máis alta do haplogrupo D do recentemente evolucionado ASPM, co 59,4% de ocorrencia do alelo de 6 000 anos de antigüidade.[3] Malia que non se coñece exactamente cal é a vantaxe selectiva que proporciona este xene, o alelo do haplogrupo D crese que foi seleccionado positivamente en poboacións para conferir algunha vantaxe substancial que fixo que a súa frecuencia medrase axiña.

Os principais haplogrupos do cromosoma Y dos pobos papúas son o haplogrupo K2b1 (Y-DNA) e o haplogrupo C1b2a.[4]

Grupos étnicos papúas

[editar | editar a fonte]

Territorio indonesio

[editar | editar a fonte]

Territorio de Papúa Nova Guinea

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Kewarganegaraan, Suku Bangsa, Agama, Dan Bahasa Sehari-Hari Penduduk Indonesia". Badan Pusat Statistik. 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
  3. "Ongoing Adaptive Evolution of ASPM, a Brain Size Determinant in Homo sapiens", Science, 9 de setembro de 2005: Vol. 309. no. 5741, pp. 1720–1722.
  4. 崎谷満『DNA・考古・言語の学際研究が示す新・日本列島史』(勉誠出版 2009年)(en xaponés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]