Poni
Un poni,[1] (pony en inglés ou poney en francés, probablemente todas elas procedentes da palabra francesa obsoleta poulenet, diminutivo de poulain, "poldro"), é un cabalo pequeno duns 150 cm de altura máxima ata a cruz, e un peso medio de 100 kg. É moi rústico e resistente, con formas máis ou menos masivas, perfil recto e orellas triangulares en lugar de dirixidas cara a dentro como os cabalos de maior alzada. As razas máis puras e primitivas conservan caracteres dos equinos primitivos, como raias ó longo do lombo, ou mesmo nas patas e crinas tupidas.
As razas de cabalos de pequena estatura orixinarios de Inglaterra reciben o nome xenérico inglés de ponys; deles, o Shetland (Escocia) é o máis pequerrecho, con tamaños que van dos 70 cm ós 106 cm ata a cruz. Aparentemente todos os ponis de Europa occidental pertencen ó mesmo grupo, chamado «céltico», que tamén engloba outras razas como os asturcóns, os ponis galegos, os monchinos ou os Forest.
Razas de poni
[editar | editar a fonte]Razas europeas
[editar | editar a fonte]- Gran Bretaña
- Península ibérica
- Europa Central
- Europa do Norte
- Poni dos fiordes ou Fjord
- Poni de Islandia
Razas africanas
[editar | editar a fonte]Razas asiáticas
[editar | editar a fonte]Razas americanas
[editar | editar a fonte]- Norteamérica
- Poni das Montañas Rochosas
- Shetland americano
- Poni das Américas
- Chincoteague
- Assateague
- Bóer
- Poni australiano
- Falabella
- Poni Hackney
- Suramérica
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para poni.