Populous
Populous | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Bullfrog Productions |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Deseñador(es) | Peter Molyneux |
Compositor(es) | Rob Hubbard |
Lanzamento | 5 de xuño de 1989 |
Xénero | videoxogo de estratexia en tempo real e god game |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Plataforma(s) | Acorn Archimedes, DOS, TurboGrafx-16, Super Nintendo Entertainment System, Mega Drive, sistemas operativos Mac, Amiga, Game Boy, Atari ST, Master System, MS-DOS, PC98, Sharp X68000, Nintendo DS, Mac OS Classic e Microsoft Windows |
[ editar datos en Wikidata ] |
Populous é un videoxogo de PC desenvolvido por Bullfrog en 1989 e publicado por Electronic Arts. Considérase o primeiro videoxogo de simulación de deus. En 1991, Populous obtivo o Premio Origin ao Mellor Xogo de Ordenador de Estratexia ou Militar de 1990 ao igual que o premio ao Mellor Xogo do Ano de 1990 por parte da revista estadounidense Video Games & Computer Entertainment. Foi o primeiro xogo da serie Populous, precedendo a Populous II e Populous: The Beginning. En Populous, o xogador asume o rol dunha deidade e debe dirixir o seu pobo con intervencións divinas co obxectivo de destruír os fieis doutros deuses. Existen dous tipos de accións que o xogador pode levar a cabo: a construción de edificios e o recrutamento de xente, elementos moi similares a outros videoxogos de estratexia en tempo real modernos; e intervencións divinas, principalmente desastres que se poden lanzar contra os inimigos e modificacións do terreo en favor dos seus fieis. Unha vez se destrúe a civilización contraria no primeiro mundo, o xogador pode continuar con 500 "novos" mundos a conquistar, ou xogar mundos xerados aleatoriamente.[1]
O xogo non só foi o primeiro no seu xénero,[2][3] senón que tamén foi un dos primeiros xogos en non seguir unha historia linear, deixando que o xogador axeitara a súa aventura a medida que progresaba.[3] Tamén foi un dos primeiros xogos en utilizar a perspectiva isométrica[4] e en ter un modo multixogador que permitía botar partidas entre xogadores utilizando distintos sistemas (un xogador en Amiga podía xogar polo método de conexión paralela cun xogador con PC Engine ou DOS).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Populous (videogame)". giantbomb.com (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.
- ↑ "50 Greatest Game Design Innovations". Edge Online (en inglés). 1 de novembro de 2007. p. 4. Consultado o 2 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Jeremy Parish; et al. "The Essential 50 #30 - Populous". 1up.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012.
- ↑ "50 Greatest Game Design Innovations". Edge Online (en inglés). 1 de novembro de 2007. p. 3. Consultado o 2 de maio de 2012.